O Concello de Bande disporá de seis vivendas escolares adscritas no seu día ao CEIP Xoaquín Lourenzo, para convertilas en vivendas de promoción social. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, firmaron o acordo que conleva a desafectación destes inmobles pola Consellería de Educación. Agora será o Concello de Bande o que se encargue de levar a cabo as obras precisas para acondicionar debidamente estas vivendas.
 
 
Bande convertirá 6 vivendas escolares do Xoaquín Lourenzo en vivendas de promoción social
 
7 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ven de asinar un protocolo de colaboración para conveniar a desafectación dos inmobles e entregar ao Concello de Bande seis vivendas escolares, co fin de que sexan dedicadas a vivendas de promoción social, segundo informa o departamento de Xesús Vázquez.
Vázquez Abad asinou xa co alcalde de ande, José Antonio Armada Pérez, o protocolo para a cesión destas vivendas, adscritas no seu día ao CEIP Xoaquín Lourenzo. Pola súa banda, o Concello de Bande comprométese a realizar as obras de acondicionamento das seis vivendas.

Con esta iniciativa, pola que se aproveitarán unhas instalacións que xa non se utilizan para o que foi o seu fin inicial, a Consellería de Educación dice demostrar o seu “firme e decidido apoio ás políticas sociais e para o benestar da cidadanía, ben sexa no eido educativo, coma no resto dos ámbitos da sociedade”.
Tras a sinatura, o conselleiro de Educación aproveitou a súa visita a Bande para asistir á festa do Peixe, que ten como obxectivo promover a riqueza gastronómica e dar a coñecer as potencialidades cinexéticas e turísticas da zona cun concurso de pesca de ámbito provincial.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página