O Paseo Central da Alameda acollerá este domingo, día 6 de xuño, unha nova edición do Día do Veciño, organizado pola Concellería de Participación Cidadá. A actividade ten como obxectivo recoñecer o labor que desenvolven as asociacións de veciños de Ourense a prol da cidade, coa demostración de 27 colectivos dos seus traballos, actuacións musicais e un recital de poesía. O alcalde, Francisco Rodríguez, dará a Xornada por aberta ás 12:45, media hora despois de que comecen xa as actuacións musicais na Alameda do Concello desta cidade.
 
 
A Alameda do Concello acolle este domingo o III Día do Veciño que organiza Participación Cidadá
 
5 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Durante toda a xornada deste domingo, 6 de xuño, o Día do Veciño reunirá na Alameda da capital ourensá aos expositores de 27 asociacións veciñais da cidade e a Federación Limiar, onde tódolos visitantes poderán coñecer de primeira man as actividades lúdicas, culturais e formativas que as asociacións desenvolven ó longo de todo o ano en cursos e obradoiros, así como os servicios que prestan ós veciños. Un total de 27 asociacións das que existen nesta cidade toman parte nesta celebración que, dende a Concellería de Participación Cidadá que dirixe a concelleira socialista María Devesa, se concibe como un acto de recoñecemento a labor que desenvolven estas asociacións no movemento veciñal.

O programa de actividades complétase coa actuación de diferentes agrupacións musicais das asociacións ourensáns. Dende as 12:15 ata as 20:30 horas actuarán os grupos de gaitas A Carballeira e Os Transnos, as corais Cantares do Miño, Portovello-As Lagos, Barrocás, Os Afiadores de Santa Teresita e as corais rondalla Alecrín e San Miguel de Canedo. As actividades musicais complétanse coa actuación do cantante venezolán Cheo Valenzuela, ás 17:00 horas.

Este ano como novidade, durante todo o día haberá unha demostración dos cursos e obradoiros que se desenvolven nos locais veciñais, concretamente os de encaixe de bolillos das asociacións Arranxar, Santa Ana do Pino e As Termas. O Día do Veciño incorpora tamén por primeira vez este ano un recital de poesía a cargo do Círculo Poético Ourensán. Estas actividades pretenden que os veciños compartan experiencias e aprendan e melloren as súas relacións, buscando nexos comúns entre eles, á vez que se fomenta a participación dos cidadáns nas asociacións veciñais e nas súas actividades.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página