Os nadadores do Centro de Tecnificación do Pavillón de Ourense foron recepcionados este luns polo presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, quen os animou a seguir traballando como ata agora. Baltar dixo que apostar polo deporte “é unha obriga e unha satisfacción, polo que supón de apoio á xuventude e de alicerce para os clubes que traballan na provincia de Ourense polos nosos deportistas”. Este mesmo acto repetirase este martes no Concello de Ourense, onde recibirá ao equipo o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez.
 
 
Na Deputación de Ourense, Baltar recibíu aos nadadores do Centro de Tecnificación do Pavillón
 
1 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, recibiu este lunes aos nadadores do Centro de Tecnificación do Pavillón de Ourense, para agradecerlles e felicitalos polo traballo que están levando a cabo, conseguindo grandes marcas nos campionatos de natación nos que participan tanto no ámbito nacional como internacional.
Esta recepción repetirase este martes, só que no Concello de Ourense a cargo do alcalde, Francisco Rodríguez.

Baltar dixo que apostar polo deporte “é unha obriga e unha satisfacción, polo que supón de apoio á xuventude e de alicerce para os clubes que traballan na provincia de Ourense polos nosos deportistas”.
No acto estiveron presentes, ademais do titular da institución provincial, o entrenador e técnico do Centro de Tecnificación, Santiago Escudero; a directiva do Pavillón Ourense, María José Pérez, e os nadadores Iria Álvarez, Laura Pimentel, Sandra Presas, Alberto Taboada, José Manuel González e Isabel Raña, todos con importantes marcas acadadas nos campionato que teñen participado recentemente.

En concreto, a nadadora Iria Álvarez ven de participar coa Selección Española na XXIV edición da Copa Latina, celebrada en Arxentina.
Pola súa banda, Laura Pimentel acaba de regresar dun stage de preparación co Equipo Nacional de Aguas Abiertas en Sierra Nevada, preparatorio do Campionato de España que se vai celebrar en Castelldefels o 20 de xuño, na cal podería acadar a clasificación para acudir ao Campionato de Europa, que se celebrará en Holanda.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página