A vella cara do Parque de Portovello das Lagoas xa que da atrás. Chegaron ao seu remate as obras de acondicionamente desta zona moi preto do Miño e por baixo de As Lagoas, que o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, inaugurou este domingo. Foi unha actuación ampla que precisou una inversión de 118.400 euros. A execución do proxecto consistiu na remodelación e mellora do parque que rodea á Capela de Portovello, no barrio das Lagoas, cunha extensión de zona verde de 16.000 metros cadrados, na que se habilitou unha nova zona de ocio e esparcemento para os cidadáns. A imaxe deste lugar pouco coidado e casi sempre invadido pola vexetación xa non existe.
 
 
Inaugurado este domingo o Parque de Portovello que rodea a capela do mesmo nome nas Lagoas
 
31 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Medio Ambiente e a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense veñen de executar nos últimos meses o proxecto de remodelación e mellora do entorno do Parque de Portovello, situado no barrio de As Lagoas, cun orzamento de 118.400 euros. Con motivo da finalización das obras, o alcalde inaugurou este domingo o novo parque, acompañado por outros membros da corporación municipal, como María Devesa, concelleira de Participación Cidadá, Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente, e Marga Martín, concelleira de Sanidade e Benestar Social, e representantes da oposición.

A execución do proxecto consistiu na remodelación e mellora do parque que rodea á Capela de Portovello, no barrio das Lagoas, cunha extensión de zona verde de 16.000 metros cadrados, na que se habilitou unha nova zona de ocio e esparcemento para os cidadáns. As medidas levadas a cabo polo Concello de Ourense inclúen unha gran zona de xogos para todas as idades, con xogos biosaudables, un areeiro e unha gran zona verde, a habilitación dun merendeiro, zonas de descanso e miradores, o que supón unha mellora estética e funcional da zona.
As obras levadas a cabo no parque consistiron concretamente na recuperación de camiños, a construción dun sistema de recollida de augas pluviais, a instalación de varandas delimitadoras e unha pasarela de madeira, a construción dunha zona de xogos, e a instalación de novas luminarias. No que respecta á xardinería, executouse o desbroce e eliminación da maleza, podáronse as árbores, recuperáronse pradeiras, reparouse o sistema de rego e prantáronse arbustos.

No Parque acomtéronse melloras estructurais, como a recuperación de camiños mediante o recheo de zahorra e posterior apisonado, e a construcción dun sistema de recollida de augas pluviais para evitar o deterioro dos camiños, construíndose un canal con pedra de cantería ó longo de todo o paseo.
Para delimitar o perímetro do parque instaláronse barandas, mestrs que nas zonas de paso e os taludes colocouse un pasamáns de madeira.
Co fin de habilitar unha zona de ocio tanto para adultos como para os máis cativos, instaláronse 12 xogos biosaudables e un areeiro de 115 m2., e para comunicar a zona de xogos co paseo central e coas entradas do parque e a pasarela que comunica co paseo do río Miño, construiuse unha pasarela de madeira de 112 metros de largo e 2,5 metros de ancho.
Tamén se instalaron un total de 13 luminarias ao longo do paseo central coa correspondente instalación eléctrica, e un novo poste de iluminación xeral que mellora a visibilidade na zona.

Con estas melloras, o Concello de Ourense di que se solventou a precaria situación orixinal da área, coa vexetación invadindo a maior parte da superficie, camiños co firme en mal estado, inexistencia de recollemento de augas pluviais, ausencia de mobiliario urbán, deficiente iluminación e ausencia da zona de recreo infantil e adulta.
Algo que xa non existe no Parque de Portovello de As Lagoas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página