Na República Arxentina, o secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia defendeu as “eleccións transparentes, en urna e sen limitación de dereitos” para os residentes no exterior. Santiago Camba sinalou en Buenos Aires que a Administración galega está a traballar para acadar “un voto transparente, en urna” como os que teñen os galegos residentes en España. “Non vexo oportuno que haxa restricións para o voto dos residentes no exterior” remarcou o secretario Xeral.
 
 
Santiago Camba aboga por “un voto transparente” para os galegos residentes no exterior
 
26 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, defendeu en Buenos Aires as “eleccións transparentes, en urna e sen limitación de dereitos” para os residentes no exterior.
Santiago Camba fixo estas declaracións no acto de celebración do 76º aniversario da Asociación Unión de Residentes de Vila de Cruces, onde compartiu un encontro con numerosos presidentes e representantes das entidades da colectividade galega en Arxentina. Neste contexto e interpelado polos asistentes verbo da posible reforma do sistema de voto para os residentes no exterior, Santiago Camba asegurou que a Administración galega está a traballar para acadar “un voto transparente, en urna” como os que teñen os galegos residentes en España.

“Non vexo oportuno que haxa restricións para o voto dos residentes no exterior” remarcou o secretario Xeral. Así mesmo, engadiu que para el “é unha honra que nestes últimos días teñan pedido a súa dimisión por defender aos galegos do exterior”. Nesta liña, engadiu que o seu cargo está “a disposición do Presidente da Xunta” e que, se cadra agora “aínda máis”, non “lle tremerá o pulso á hora da defensa dos galegos, dos españois no exterior”.

Camba asegurou que está a seguir este tema moi de preto e que está xunto á colectividade galega do exterior “nesa tarefa honrosa que é a defensa dos seus dereitos”. Así mesmo, subliñou que está a manter “coherencia” coas súa crenzas “porque é o único xeito de ser cribe”, dixo.
Neste acto, celebrado nas instalacións da Asociación en Paso do Rei, tamén participaron o Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, membros da Comisión Directiva da Asociación Vila de Cruces en Buenos Aires, así como o presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina, Francisco Lores Mascato.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página