Chega ao Centro Cultural da Deputación de Ourense o traballo dun artista rebelde por natureza, Miguel Mosquera. Exposición agardada por canto a mostra tivo xa tres “interruptus”, o que recoñeceu o propio autor, ao tempo que agradeceu “a paciencia que tiveron conmigo” os responsables do Centru Cultural. Mosquera é e defínese como un autor inconformista e crítico, e máis nestes tempos: “a situación actual é para cabrearse e os artistas temos que fuxir da complacencia”, sinalou a presentación desta mostra. Leva por título “Nun lugar no mundo”, e ese lugar é un Ourense do século XX que recrea lugares como o Miño e o Lonia e espazos e xentes como os do café La Bilbaína.
 
 
O Centro Cultural acolle a exposición de Miguel Mosquera “de cando se estaba facendo Ourense”
24 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O artista ourensán Miguel Mosquera expón no Centro Cultural da Deputación de Ourense “Nun lugar no mundo”, unha “ollada cara atrás” desta cidade nun “intento de recuperar dalgunha maneira a época de cando se estaba facendo Ourense”.
Nesa mirada cara atrás, Mosquera alude ao río Miño, ao Lonia ou ao café La Bilbaína e a personaxes do Ourense do século XX con pezas como “Os fillos dos meus fillos”, onde aparece seu propio pai.
Ese intento de recuperar coa visión dun artista a súa cidade está marcado polo feito de que “eu sempre vivín en Ourense, aínda que fago autoexilio e prefiro vivir coma un cidadán e non coma un artista”.

 

Na presentación do seu catálogo, Mosquera recoñeceu o seu alonxamento dos espazos expositivos nos últimos anos e agradeceu á dirección do Centro Cultural “a paciencia que tiveron conmigo porque esta exposición xa tivo tres interruptus”, ao tempo que loubou as magníficas condicións expositivas coas que conta hoxe a cidade, cuns locais que calificou “de luxuria, que non os hai no resto de Galicia, así como a disposición do seu persoal”.
A exposición ademais de mirar cara ese Ourense familiar de Miguel Mosquera ten, tamén, un compoñente “de cabreo, porque a situación actual é para cabrearse e os artistas temos que fuxir da complacencia”.

A nivel persoal, explicou que a él o que máis lle gusta “é pasar desapercibido e facer o meu traballo” e tamén loubou os poemas de Angel Conde que completan a mostra, poeta ourensán que morreu “na diáspora” ao falecer en Vilagarcía.
O director do Centro Cultural, Francisco González, salientou que dende a institución había un “compromiso incondicional con Miguel para que espuxese o seu traballo na nosa cidade e, ao final, conseguímolo”, lembrando que o artista sempre preferíu amosar a súa obra fora”, nesa referencia ao autoexilio do que falaba Mosquera. González cualificou a súa obra de “complexa e coherente”.

 
Volver atras
Imprimir Página