Casa da Xuventude de Ourense acolle ata o vindeiro día 29 deste mes, unha exposición multicultural de tres estudantes das Facultades de Belas Artes de Addis Abeba, Etiopía, e outros tantos de Calcula, India. Son 30 obras destes tres artistas que levan dende o pasado mes de febreiro na Escola de Arte Superior de Deseño Antonio Failde desta cidade.
 
 
Tres artistas etíopes e outros tres indios expoñen 30 obras multiculturales na Casa da Xuventude  

24 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL

Casa da Xuventude de Ourense acolle dende este sábado, día 22, ata o 29 deste mes a mostra de arte “Ourense multicultural”. As obras expostas están realizadas por tres estudantes das Facultades de Belas Artes de Addis Abeba (Etiopía), e tres procedentes do centro de Calcuta (India). En total pódense ver 15 pinturas en óleo, acrílicos e técnicas mixtas entre outras, e 10 xilogravados.

Os artistas que firman as obras estiveron durante desde o pasado mes de febreiro na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde, nunha acción educativa de intercambio que permite a todos os integrantes da mesma compartir coñecementos artísticos ao tempo que intercambian experiencias vitais sobre os distintos modos de vida dos estudantes da cidade de As Burgas e os países de Etiopía e a India.

A expo foi inaugurada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que destacou a importancia deste tipo de accións xa que “isto permite a todos os participantes nestas actuacións coñecer outros modos de vida, e polo tanto enriquecerse non só academicamente senón tamén como persoas”.
Na inauguración da mostra estiveron tamén o director da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde, César Taboada, e o secretario xeral de Educación, o ourensán José Luis Vázquez.

Volver atras
Imprimir Página