Vicente Risco

 
  En colaboración coa Fundación Vicente Risco, o Festival de Cine de Ourense abre este 27 de maio unha nova sección que se chama “Os Mundos de Vicente Risco”. Trátase dunha exposición e a proxección de catro películas que recolle a experiencia de Risco no seu viaxe a Alemania do ano 1930 para ampliar os seus coñecementos de etnografía e folclore. “A transformación social, o dinamismo cultura e a profunda convulsión política coa que se atopa no seu detino, deixan unha fonda pegada no espíritu do intelectural ourensán”, sinalou o responable da Fundación, Luis Martínez-Risco Daviña na presentación da iniciativa que tivo lugar este xoves.
 
 
“Vicente Risco na República de Weimar”, novo ciclo de 4 películas do Festival de Cine de Ourense
21 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A iniciativa da Fundación Vicente Risco e coa colaboración do Festival de Cine, do Cineclube Padre Feijóo e do Instituto Goethe e da Concellaría de Cultura, Ourense acollerá “Os Mundos de Risco”. A iniciativa propón unha exposición, “Os estudios cinematográficos da UFA” e un ciclo de cine de catro películas que se proxectarán os xoves 27 de maio, e 3, 10 e 17 do mes de xuño no Centro Cultural Ponte Vella desta cidade.
As actividades foron presentadas públicamente este xoves, e conforman a actividade que o Festival de Cine de Ourense etiqueta como “Vicente Risco na República de Weimar”. De feito, o Festival foi o encargado do subtitulado das películas ao galego.

A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, explicou que Os Mundos de Risco “engloba diferentes visións do escritor sobre diferentes aspectos da actualidade e das manifestacións artísticas coas que lle tocou vivir”.
A exposición “Os estudios cinematográficos da UFA” amosa o traballo desenvolvido polos artistas, técnicos e credores alemás nos míticos estudios de cine berlineses UFA, dos que saíron títulos clásicos que marcaron o rumbo da historia do cinema europeo e norteamericano. Exposición que amosa bosquexos dos grandes directores de arte da época e fotografías de rodaxe de películas como “Metrópole”, “Os Nibelungos” ou “O Anxo Azul”.

Esta será, precisamente, la película que abra el ciclo de cuatro proyecciones el jueves, día 27 de este mes.
Las tres restantes, ya en el mes de junio, serán “Berlín, sinfonía dunha grande cidade”, “Emilio e os detectives” e “Cabaret”.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Enrique Nicanor, director do OUFF
 
 
Volver atras
Imprimir Página