A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou en xuntanza celebrada adxudicar provisionalmente as obras de rehabilitación dun edificio en Seixalbo que será acondicionado como centro cívico e social ó servicio dos veciños desta localidade ourensá. Esta actuación suporá un investimento de 276.888,07 euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.
As obras adxudicáronse á empresa Construcciones Riotorto, S.L., que presentou a oferta mellor valorada por parte da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos, ao que se presentaron propostas un total de 12 empresas. A firma adxudicataria ofertou realizar melloras adicionais valoradas en 30.117,66 euros, e as obras darán emprego a un total de 22 traballadores.
A intervención consistirá na rehabilitación dun edificio coa finalidade de convertelo no novo punto de encontro para tódolos veciños da zona, un espacio aberto á cidadanía ao que poderán acudir maiores, mozos e nenos.
O edificio ten una superficie de 400 metros cuadrados que se distribuirán de xeito que os cidadáns podan desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer, contando tamén cun espacio para os nenos.
Este novo equipamento forma parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, comezando co da rúa Colón-Casco Vello, que entrou en servicio o pasado mes de outubro, e ó que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construcción, e os que se porán en marcha tamén este ano nos barrios de A Ponte, ubicado na rúa Eulogio Gómez Franqueira, O Pino e Ceboliño. |
|