O Concello de Ourense volve a poñer en marcha as visitas ao bosque da Asociación Ridimoas no Ribeiro. O fai desde este mesmo 27 de abril e durante todo o mes de maio. Cando esta actividade remate, calcúlase que uns 600 rapaces teranse desplazo a este bosque. A actividade volve ser unha iniciativa da Concellería de Educación que dirixe Ana Garrido.
 
 
O Concello levará a uns 600 escolares ao Bosque de Ridimoas nun ciclo de visitas didácticas  

27 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do seu programa de Educación e Saúde Medio Ambiental, organiza un ciclo de visitas didácticas de estudiantes ó Bosque da Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas.
Comezarán este mesmo martes, 27 de abril, e durante o mes de maio un total de 609 estudiantes de ESO e ESPO participarán nesta actividade, que pretende facilitar ós alumnos un contacto directo co seu entorno natural, aprendendo a desfrutar e respectar a natureza.

Os alumnos coñecerán de xeito multidisciplinar o Bosque de Ridimoas e o seu ecosistema, traballando co caderno de campo do itinerario elaborado pola guía e os seus colaboradores. Descubrirán  a situación do bosque e a súa historia, o clima e  a súa flora e fauna.

O ciclo de visitas comezará este martes, como queda dito, coa participación de alumnos do colexio María Auxiliadora (Salesianos).
Sairán do seu centro ás 9.00 horas para ir ata o instituto de Ribadavia e visitar a exposición permanente sobre estes temas.

Volver atras
Imprimir Página