Este mércores chega a Ourense a orquestra británica Academy of Saint Martin in the Fields, considerada como “unha das mellores orquestras do mundo”, segundo destaca a Sociedade de Xestión do Xacobeo. En Ourense, esta recoñecida orquestra dará un concerto no Auditorio desta cidade, para que aínda hai entradas, segundo esta mesma fonte, mentras que en Vigo, donde o concerto será o xoves, as entradas xa están esgotadas. Interpretará obras de Beethoven e Haydn.
 
 
O Xacobeo trae ao Auditorio de Ourense a orquestra Academy of Saint Martin in the Fields
26 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O ciclo de Grandes Orquestras de Xacobeo Classics presenta esta semana en Ourense e Vigo a “unha das máis prestixiosas orquestras europeas, a lendaria Academy of Saint Martin in the Fields”, ven de anunciar este domingo a Sociedade de Xestión do Xacobeo.
No caso de Ourense, esta Orquestra chega ao Auditorio Municipal da cidade este mércores, donde ofrecerá un programa coa Séptima Sinfonía e a obertura de Egmont de Beethoven e coa Sinfonía 104 de Haydn.

 

Sinala a Sociedade de Xestión do Xacobeo que “a expectación provocada pola presenza desta orquestra fixo que en Vigo se encontren casi esgotadas as localidades, mentres que en Ourense aínda é posible adquirir entradas, que se despachan a través da web www.servinova.es.”
A Academy of Saint Martin in the Fields figura no ciclo de Grandes Orquestras de Xacobeo Classics, un apartado polo que xa desfilaron ata o momento a  Royal Philarmonic e o director Riccardo Muti. Proximamente, este apartado da programación recibirá a John Eliot Gardiner e English Baroque e ao mítico Zubin Mehta coa Orquestra da Comunitat Valenciana.

Considerada como unha das mellores orquestras do mundo, a Academy of St. Martin in the Fields británica, foi fundada polo gran director Sir Neville Marriner no ano 1958, sen pretensións “de dar concertos para sempre”, segundo as súas propias palabras. A intención inicial do director non se chegou a cumprir  e, despois de medio século, a orquestra está firmemente consolidada e é coñecida en todo o mundo.

 
Volver atras
Imprimir Página