Chega outro ano a MOTECES, que é a Mostra de Teatro Escolar para Centros de Ensino Secundario que organiza o Concello de Ourense. Grupos de cinco centros educativos da cidade tomarán a partires deste mércores a Escola de Artes Escénicas da cidade. Tódalas funcións serán sempre ás 12 do mediodia. Os obxectivos da MOTECES son facilitar o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino e fomentar o gusto pola interpretación e a asistencia ó teatro, sinala do departamento de Ana Garrido.
 
 
Este mércores comeza a MOTECES, a Mostra de Teatro Escolar para Centros de Secundaria  
26 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

Este mércores, día 28, da comezo unha nova edición da MOTECES, a Mostra de Teatro Escolar para Centros de Ensino Secundario da capital ourensá, e que se enmarca no programa educativo “Teatro, Cine e Danza na Escola”. A MOTECES acada neste ano a súa novena edición.
Os obxectivos desta actividade son facilitar o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino e fomentar o gusto pola interpretación e a asistencia ó teatro, segundo sinala a Concellería de Educación do Concello de Ourense, que promove esta iniciativa un ano máis.

Participarán un total de 5 grupos de teatro doutros tantos centros educativos, IES A Carballeira, IES Portovello, IES E. Blanco Amor, CPR Sto. Ángel e IES Universidade Laboral. A MOTECES desenvolverase dende o mércores, 28 de abril, ata venres, 7 de maio, e tódalas obras serán representadas ás 12 do mediodía no salón de actos da Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense.

Programa

- 28 de abril: Inauguración da mostra e representación da obra “Anxélica no umbral do ceo” de E. Blanco Amor (60 min) do grupo Os Carrabouxos do IES A Carballeira. Dirección: Margarita Varela

- 29 de abril: “Crónicas das horas de sempre” (textos curtos de varios autores con adaptación da directora) (50 min) do grupo “Amarelo, mala sorte” do IES Portovello. Dirección: Galicia Gutiérrez.

- 30 de abril: “O Retábulo feticeiro” (90% de E. Blanco Amor e 10% do director) (60 min) do grupo “Baralláns” do IES E. Blanco Amor. Dirección: Miguel Fernández

- 5 de maio: “Montescos & Capuletos” (creación propia do director) (60 min) do grupo “Caixadesastre” do CPR Sto. Ángel. Dirección: Andrés Rodríguez Yáñez.

- 6 de maio: Acto de clausura e entrega de agasallos ós grupos participantes, e representación da obra “Hamlet entre sardiñas e diamantes” (creación propia con dramaturxia baseada no texto de Hamlet e a película “Amor en conserva”) do grupo IAD-8 do IES Universidade Laboral. Dirección: Matilde Vázquez.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Ana Garrido