O proxecto do Centro de Maiores de Rairiz de Veiga, nesta provincia, ven de premiado como o mellor no eido da Comunicación Social no XXII Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontología. Unha ducia de persoas maiores dependentes responsabilizáronse durante seis meses de cuidar un “xardín xerontolóxico”. O obxectivo era manter e incluso incrementar a capacidade destas personas para desempeñar as “actividades instrumentais da vida diaria”, obxectivos que se acadaron. Incluso se destaca o nivel de satisfacción e autoestima dos usuarios, o que influíu positivamente na súa calidade de vida.
 
 
Un proxecto do Centro de Maiores de Rairiz acadou un premio no Congreso Galego de Xeriatría
26 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Un proxecto do Centro de Atención a Persoas Maiores de Rairiz de Veiga, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, obtivo o Premio á Mellor Comunicación Social do XXII Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía celebrado recentemente.
A iniciativa, consistiu nun proxecto de “xardín xerontolóxico” que implicou intervencións nas áreas da reminiscencia e do desempeño ocupacional das persoas maiores.
Deste xeito, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos destinatarios do proxecto, doce persoas con idades comprendidas entre os 65 e os 89 anos participaron durante seis meses en tarefas como o mantemento e coidados básicos do xardín, sacar o lixo e reciclala, recoller o invernadoiro, realizar

 
as compras necesarias de plantas e utensilios, sementar e recoller da produción, regar, mantemento do material ou desprazamento ata o xardín.
Outras tarefas complementarias a propósito do coidado do xardín foron o recordo de historias da vida, a participación en grupos de conversación, coidados do xardín en programas interxeracionais cos nenos do colexio, actividades de orientación espaciotemporal e persoal e traballo de estimulación cognitiva a través de estímulos visuais e sonoros.

Segundo explican os profesionais responsables, tratábase de aplicar as terapias de reminiscencia e psicomotriz nun xardín xerontolóxico “por consideralo idóneo para o colectivo que ía participar”.
A iniciativa axudou a manter e incluso incrementar a capacidade dos participantes en relación co desempeño das actividades instrumentais da vida diaria. Entre os resultados destaca tamén o nivel de satisfacción e autoestima que alcanzaron, algo que influíu na súa calidade de vida.
Entre os motivos que impulsaron a opción do xardín están a ubicación do centro de atención a persoas maiores no medio rural e a principal ocupación anterior dos maiores, que estaba relacionada coa actividade agrícola. O feito de dispoñer do espazo físico e do material necesarios e dun entorno social e cultural para o desempeño deste proxecto foi tamén determinante para levalo a cabo.
 
Volver atras
Imprimir Página