Este xoves, 22 de abril, tivo lugar a entrega de diplomas aos alumnos que tomaron parte nas accións formativas para inmigrantes que levou a cabo a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Acccións que contabilizaron uns 500 inmigrantes participando nelas, e que abrangueron, a súa vez, tres accións formativas diferentes: instrumentos de integración, alfabetización informática e cursos de castelán. En definitiva, coñecementos orientados a promover a súa integración nos diferentes eidos da sociedade galega.
 
Noticias Relacionadas
  A Xunta crea grupos de traballo permanentes en mediación e formación para o colectivo inmigrante
 
 
Preto de 500 persoas tomaron parte nos programas formativos para inmigrantes da Secretaria de Emigración
23 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Preto de 500 persoas participaron durante os últimos meses no programa de accións formativas para inmigrantes, organizado conxuntamente pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, e a Asociación de Centros Homologados. Os alumnos, que recibiron este xoves, 22 de abril,  os diplomas no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense,  nun acto que contou coa presenza Antonio Aguarón, subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, Francisco Novoa, presidente da ACH, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, adquiriron, ao longo do desenvolvemento destes cursos, coñecementos orientados a promover a súa integración nos diferentes eidos da sociedade galega.

 
Antonio Aguarón

Neste sentido, o curso, no que participaron persoas estranxeiras non comunitarias residentes en Galicia, incluída a poboación inmigrante procedente de Bulgaria e Romanía, abrangueu tres accións formativas diferentes: instrumentos de integración, alfabetización informática e cursos de castelán.
Así, na acción formativa “Instrumentos de integración” deuse a coñecer ás persoas inmigrantes os valores e costumes de España e Galicia, así como o marco constitucional e estatutario e os diferentes aspectos relacionados coa prevención de riscos laborais e coa igualdade. As accións tiveron lugar en 12 cidades e vilas distintas das catro provincias galegas: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Burela, Foz, Ourense, Xinzo de Limia, Verín, Vigo, Pontevedra e O Porriño.

A través das accións de Alfabetización informática facilitouse unha capacitación básica aos participantes, co obxectivo de que puideran comezar a moverse no mundo das novas tecnoloxías e, deste xeito, poder acceder a máis información e  estar mellor comunicados. Nesta materia se celebraron 8 edicións, na Coruña, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Xinzo de Limia, Vigo e Pontevedra.
Mediante os cursos de castelán achegáronse coñecementos básicos desta lingua para facilitar aos inmigrantes os primeiros pasos no momento da súa chegada á sociedade de acollida; realizándose dúas edicións, unha en Ourense e outra en Pontevedra.

 
Volver atras
Imprimir Página