Máis de 600 rapaces alumnos e alumnas de Barbadás xa se enrolaron noutro “7 Barbas” que chega de cara ao mes de maio. Este venres, día 23, comezan os obradoiros cos que se prepara o desfile do día grande, o dá 11 do vindeiro mes de maio. A organización destaca tanto o feito de que a participación vai en aumento, como que tamen medran os centros que se suman ao “7 Barbas” de Barbadás. Todo está disposto para botar a andar a sexta edición de este Mes do Teatro.
 
 
Bota a andar en Barbadás o “7 Barbas”, que xa contabiliza 600 rapaces neste Mes do Teatro
23 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Este venres, 23 de abril, comezan as actividades dunha nova edición da Mostra de Teatro “7 Barbas”, que organiza a ANPA do CEIP Filomena Dato de Barbadás, en colaboración coa ANPA de O Ruxidoiro. Si bien nesta ocasión, destacan os organizadores a novidade da incorporación ao “7 Barbas” da Aula de Teatro do Colexio Madre de Dios de Sobrado do Bispo. A Mostra acada este ano a VI edición.
Trátase de ofrecer unha programación baseada no teatro que fan os colexios a través dos diferentes grupos que teñen creados, de xeito que o “7 Barbas” constitúa un punto de econtro e una mostra onde poder dar a coñecer as montaxes a outros rapaces, pais e profesores.
A programación compleétase coas intervencións de grupos xa profesionais de Ourense, como son os caso de Trécola Teatro e Marañao.

 
As actividades comenzarán este mesmo venres polos obradoiros cos que se preparará o desfile inaugural que terá o día 11 do vindeiro mes, actividade que estará a cargo de Trécola Teatro. Será ás 17:30 hs. no CEIP Filomena Dato.
Xa se anuncia que o día 11 o desfile sairá do Parque da Solaina, logo da inauguración da exposición de todos os debuxos presentados a concurso para o carte desta edición.
Agora mesmo xa hai máis de 600 rapaces enlorados no mes do “7 Barbas” de Barbadás.
 
Volver atras
Imprimir Página