Sin ningún tipo de rodeos, o presidente da Deputación de Ourense pedíu este mércores ao Concello de Ourense maior compromiso co Club Ourense Baloncesto, recordándolle o Concello que o Club é de Ourense e que nel están as dúas institucións. Baltar Pumar pedíu públicamente unha reunión a tres bandas, Concello, Deputación e Club, e sinalou ao respecto que “unicamente agardo a que me convoquen, onde sexa, e alí estarei”. Si o presidente do Club chegara a dimitir ao remate da tempada, Baltar Pumar sinalou que “teríamos un problema gravísimo”
 
 
A Deputación pídelle ao Concello de Ourense un compromiso maior co Club Ourense Baloncesto
 
22 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, reiterou este mércores o seu “apoio expreso” á xestión social e deportiva de Jorge Bermello ao fronte do Clube Ourense Baloncesto, así como ao propio clube “para afrontar os retos de futuro”, sinalou o titular da institución provincial ourensá.
O máximo responsable da Deputación ourensá lembrou que o clube “é dos ourensáns” por ser Concello e Deputación os seus máximos accionistas, e esixíu que “o concello se implique nas mesmas condicións ca nós. Non pode ser solo a costa da Deputación”.
Desde xeito referíuse Baltar Pumar o feito de que actualmente o Concello de Ourense subvenciona ao clube en menor medida que a institución provincial.

Baltar Pumar amosouse partidario de ter unha reunión a tres bandas, entre a Deputación, o Concello e o presidente do clube, e sinalou ao respecto que “unicamente agardo a que me convoquen, onde sexa, e alí estarei”.
Sobre a posibilidade de que Jorge Bemello poida abandoalo clube se non atopa o apoio das institucións necesario para garantila súa viabilidade, Baltar indicou que “se eso se produce xeneraríanos un problema gravísimo” e fixo unha loubanza do seu labor ao fronte do clube, con especial mención ao éxito no eido social “pois tivemos entradas como se estivesemos en ACB”.
Por eso, reiterou unha vez máis a necesidade de que o Concello de Ourense se implique en maior medida no futuro do clube.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página