O secretario de Emigración da Xunta de Galicia e o secretario de Cultura de Córdoba, Arxentina, analizaron este luns vías de colaboración entre Galicia e esta provincia no eido das rutas culturais e turísticas. A esta provincia Arxentina trasladou a Xunta de Galicia a exposición “Olladas no camiño de Santiago. Xacobeo 2010”, que ven de inaugurar Santiago Camba.
 
 
Galicia e Córdoba, Arxentina, selan vías de cooperación e materia de turismo e cultura
 
23 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Secretario de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, reuniuse este luns co Secretario de Cultura da Provincia de Córdoba, José Jaime García Vieyra, con quen analizou vías de colaboración e cooperación entre os dous executivos rexionais.
Segundo manifestou o propio García Vieyra tralo encontro, esta primeira xuntanza que ten como principal obxectivo a colaboración da Secretaría de Cultura do Goberno de Córdoba e a Xunta de Galicia para traer a esta provincia arxentina a mostra “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”, tamén serviu para presentar o proxecto cordobés do “Camiño Real”.

Pola súa banda, Santiago Camba subliñou que avanzou co Goberno de Córdoba “distintos aspectos nos que estamos vencellados”.
“Esta provincia ten o Camiño Real e nós temos o Camiño de Santiago”, dixo e engadiu que “nese sentido estivemos vendo de establecer vías de cooperación e colaboración que poden ser importantes tanto para Córdoba como para Galicia”.

Dentro desta axenda institucional da súa viaxe a Córdoba, o Secretario Xeral da Emigración tamén visitará as instalacións de Casa de España e Casa Galicia de Córdoba, acompañado polo Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro. E, máis tarde, inaugurará, xunto co Secretario de Cultura da Provincia de Córdoba, a mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago, no Paseo del Buen Pastor.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página