O PP anuncia unha bateria de actuacións en tódalas cámaras a favor da continuidade da base da BRIF, Brigadas Rápidas contra Incendios Forestais, de Laza. Nunha visita que este domingo fixeron o presidente do PP de Ourense e a deputada nacional Ana Belén Vázquez, Baltar Blanco comprometeuse a actuar no Parlamento de Galicia y a parlamentaria pedir, incluso, a comparecencia da titular do MARM, Elena Espinosa, para que explique a postura do Goberno socialista ao respecto. Na Deputación de Ourense producirase tamén un acordo favorable a continuidade da BRIF, e no Concello de Laza o alcalde anunciou que quere propiciar una xuntanza de alcaldes das nove localidades españoles que teñen bases das BRIFs.
 
Noticias Relacionadas
  Medio Rural defiende la continuidad de la BRIF de Laza en la lucha contra los incendios forestales
 
 
Laza desencadena unha batería de accións para defender a continuidade da súa base da BRIF
 
22 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, garantiulles ás autoridades de Laza e aos 50 traballadores e técnicos da Brigada Rápida de Incendios Forestais (BRIF) de Laza, facer “todo o políticamente posible para evitar o desmantelamento que o PSOE quere facer desta base de elite que é un referente nacional estratéxico e técnico na loita contra lume”.
Manuel Baltar, acompañado pola deputada ourensá Ana Belén Vázquez, visitou este domingo a base de Laza, despois de estar presente tamén nunha reunión que fai poucos días mantivo o alcalde de Laza co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que lle amosou o respaldo da Xunta a continuidade da BRIF de Laza.
Baltar Blanco anunciou que presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para que a Cámara solicite ao Goberno do Estado o mantemento da base da BRIF en Laza, iniciativa que tamén levará Ana Vázquez ao Congreso dos Deputados, pedindo ademais a comparecencia da ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, para que explique a postura do Goberno socialista ao respecto.
Asemade, pedirase á Deputación de Ourense que ratifique en acordo plenario o apoio ao mantemento da BRIF de Laza.

O desmantelamento da BRIF de Galicia e das restantes do Estado traería consigo, segundo explicaron as autoridades e os técnicos, a perda da coordinación que existe actualmente entre todas as demais BRIFs de España, co cal, ante un eventual incendio que requerise axuda doutros operativos, non existiría a necesaria e rápida coordinación que hai na actualidade.
Ademais de todo iso, a BRIF de Laza é a única de España que está tramitando os permisos para converterse en aeródromo.

Pola súa banda, o alcalde de Laza anunciou que levará a pleno a solicitude dunha reunión conxunta en Laza na que participen os 9 alcaldes das localidades españolas onde se sitúan as demais BRIFs que o goberno do PSOE quere desmantelar, e tamén propiciará o alcalde xuntanzas de ámbito autonómico cos deputados das comunidades autónomas afectadas.
A creación das BRIF remóntase a 18 anos atrás.
No caso da base de Laza conta con 45 especialistas, 6 capataces, 4 pilotos, 5 mecánicos aeronáuticos, 2 emisoristas, 5 enxeñeiros técnicos e un preparador físico. Para o transporte dispón de 2 helicópteros de transporte e bombardeiros de auga e máis de 7 vehículos todoterreo. Diariamente na base traballan 4 cuadrillas, sendo o seu ámbito de acción a zona noroeste.

Volver atras
Imprimir Página