“O lado máis estraño da escultura”. Eso di Iván Prieto, un xoven escultor valdeorrés, que é o busca e quere amosar na súa obra. Sinala que traballa con personaxes fora do común, “procurando deixar unha incógnita que sexa o espectador que inerprete finalmente a obra”. O director do Centro Cultural, Francisco González, destacou que na obra de Iván Prieto “hai un traballo de formación, estudio e preparación no que nada se deixa á improvisación”. Este xoves fíxose a presentación do catálogo para una exposición que xa se pode visitar no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
 
 
Iván Prieto presenta no centro cultural “o lado máis extraño” da escultura
12 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O xove escultor Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) presentou este xoves no Centro Cultural da Deputación de Ourense o catálogo e a súa exposición neste recinto. Trátase dunha mostra deste escultor nado en Valdeorras en 1978, que recolle 10 anos do seu traballo. Traballo que o seu autor define como “a busca do lado máis estraño da escultura”.
Iván Prieto traballa con personaxes fóra do común, apaixoándose por temáticas como o mundo do circo, as bailarinas ou as modelos “pero sempre procurando deixar unha incógnita para que sexa o espectador quen interprete finalmente a obra”, explica.

Nas mans de Iván Prieto mestúranse diferentes técnicas e materiais, que van dende o poliéster á fibra de vidro pasando polo uso da madeira para os complementos, para conformar obras de gran formato como as que require o espazo expositivo do Centro Cultural.
O escultor agradeceu especialmente “a permanente colaboración” do Centro Cultural e o magnífico resultado do catálogo, “por si mesmo unha obra de edición e deseño, que contribúe a motivar e ilusionar aos xóvenes creadores que tentamos abrirnos camiño no mundo do arte”, afirmou Iván Prieto.

 

Pola súa banda, o director do Centro Cultural, Francisco González, dixo no acto de presentación que a traxectoria de Iván Prieto “seguímola con moito interese dende que obras súas foron seleccionadas na 1ª Edición do Certame de Artes Plásticas, e a partires de aí foi evolucionando co paso dos anos ata conseguir un estilo singular e moi característico”.
Na obra de Iván Prieto “hai un traballo de formación, estudio e preparación no que nada se deixa á improvisación”, sinalou Francisco González.

Iván Prieto é licenciado e Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Entre 1997 e 2010 fixo 16 exposicións individuais e máis de 50 exposicións colectivas, que o levaron a expoñer a súa obra por toda Galicia, Madrid, Huesca, Segovia, Zaragoza, León, Girona, París, Utrech (Holanda) e Mirano (Italia), entre outros lugares.

 
Volver atras
Imprimir Página