A Praza das Camelias e o seu entorno veñen de ser recentemente melloradas, tralo proxecto executado na zona con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local, por un total de 99.925 euros. Según o Concello de Ourense, o lugar convírtese en “un espacio de referencia para os veciños do barrio”. O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron esta xoves aos veciños da zona e os traballos levados a cabo na Praza das Camelias.
As melloras, executadas nun espacio de actuación de 604 m2, consistiron na construcción dunha zona central cunha fonte de deseño rectangular, rodeada por unha zona verde de 50 m2. Tamén se incluiron catro proxectores para iluminación e un bordillo para a diferenciación e separación das zonas.
Asimesmo, instalouse unha rede de abastecemento a unha fonte bebedoiro e catro farolas para a iluminación da zona. Neste respecto, as farolas están adecuadas ás necesidades dos seus usuarios, e á vez eficaces enerxéticamente, dispoñendo dun sistema de control que permite axustar o encendido á ocupación real da zona.
Coa realización das obras, solventouse un problema existente de eliminación de augas pluviais coa adecuada pendente da praza e a construcción dun sistema de saneamento con 4 rexillas sumidoiro conectadas á rede de saneamento municipal.
Para a execución destas medidas, foi preciso eliminar antes as soleiras existentes, bordillos, muros de separación e parterres de xardinería para realizar o novo deseño da zona, así como a retirada dos árbores da zona e os bancos. Realizouse asimesmo unha limpeza previa dos muros e zonas pintadas onde se levou a cabo a actuación, e movementos de terras necesarios para actuar en cada zona. |
 |