O parlamentario socialista López Vidal pide a Núñez Feijóo “que utilice a licitación de obra pública par crear postos de traballo” en Ourense e que impulse proxectos que deixou encamiñados o bipartito. Moitos deles “estratéxicos” para Ourense. Sinala o socialista que o titular do Executivo sigue a practicar “unha manía sectaria” con esta provincia, que cumpre dous obxectivos: a manía en si mesma, e “que os ourensáns esquezan a acción do goberno progresista”. López Vidal lamenta que “as grandes infraestructuras que vertebran a provincia siguen estando paralizadas”.
 
 
López Vidal denuncia a “manía sectaria” que Feijóo lle ten á provincia de Ourense  
11 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

Doble finalidade nunha mesma acción, o que denunciou que está a suceder coa parálise infrinxida polo Goberno de Núñez Feijóo á obra pública en Ourense e, concretamente, aos proxectos diseñados polo bipartito. Esto é o que ven de denunciar o parlamentario socialista por esta provincia, Pablo López Vidal.
Por unha banda, Núñez Feijóo sigue a castigar a Ourense. Pero ademáis, faino “para que os ourensáns esquezan a acción do goberno progresista”, sinala o socialista.

López Vidal lamenta que as grandes infraestruturas que vertebran Ourense sigan estando paralizadas, e insiste en que “todo responde a unha manía sectaria do Sr Feijoo”. Algunha das obras son a Vía de alta capacidade Ourense- Celanova-Fronteira Portuguesa “que a día de hoxe está paralizada”, a conexión do Polígono San Cibrao ca A -52, que fai un ano que está adxudicada, a mellora da estrada Ourense–Trives, enlace desta comarca ca futura A- 76 e ca actual N120. Ademais, engadiu que seguen paralizadas tamén as obras que comunican Castrelo de Miño con Ribadavia e a estrada que une o Barco con Prada no concello da Veiga
Así mesmo, o deputado ourensá apuntou que “estas obras son o exemplo claro do abandono que estar a experimentar a nosa provincia”.

Sen embargo, sinalou López Vidal que “os socialistas seguimos a empuxar a nosa provincia”, e sinala que nestes intres de dificultade “dende o PSdeG sempre instamos a Xunta a que utilice a licitación de obra pública par crear postos de traballo”.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA