A lousa de Valdeorras, de recoñecido prestixio nos mercados internacionais, terá no mes de xuño unha xornada de promoción e exaltación da calidade deste produto en Bruxelas. Esta acción enfocarase desde o punto de vista da arquitectura sostible e os materiais enerxéticamente eficientes, así como para comparar este produto con outros que hai no mercado de menor custo pero tamén de moita menor calidade. Esta xornada ven de concretala o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, co director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
 
 
A lousa de Valdeorras visitará en xuño Bruxelas para abondar no seu recoñecido prestixio
 
10 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación de Ourense realizará no mes de xuño unha xornada de promoción da lousa de Valdeorras en Bruxelas. A  xornada, que se desenvolverá na sede da Fundación Galicia Europa, estará enfocada a dar a coñecelas posibilidades da lousa na nova arquitectura sostible ante o colectivo de arquitectos, construtores e decoradores da cidade belga, así como ante os lobbys europeos da construción que se asentan nesta cidade.
O vicepresidente segundo da institución provincial ourensá, Moises Blanco, aproveitou a súa estadía en Bruxelas co gallo da sinatura dos estatutos da rede Partenalia, para manter unha entrevista con persoal da Fundación Galicia Europa de cara a levar a cabo esta iniciativa. Esta entrevista é continuación da mantida hai meses co director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, na que o director xeral se compremeteu a dar todo o seu apoio a  esta xornada de divulgación da lousa.

Esta iniciativa para promocionar a lousa enfocarase desde o punto de vista da arquitectura sostible e os materiais enerxeticamente eficientes, un sector en alza en Europa.
A xornada tamén servirá para a promoción da lousa ourensá ante os produtos alternativos de menor custo e peor calidade.
Para a promoción dun dos sectores máis importantes da nosa provincia, a Deputación de Ourense reitera que apoiara a Asociación Galega de Pizarristas, AGP, que aglutina a totalidade dos empresarios do sector. Recorda a Deputación ourensa que Ourense é lider mundial neste sector, grazas a calidade do produto e a cantidade da que dispón a comarca de Valdeorras.

Logo da xornada de promoción da lousa, esta previsto que os representantes da Asociación Galega de Pizarristas manteñan contactos con colectivos asentados na capital europea relacionados co sector da construción, así como con europarlamentarios galegos para que coñezan a situación actual do sector.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página