A Galicia Norte e Sur parece existir no tema do consorcios provinciais de Emerxencias, en tanto que, namentras os de A Coruña e lugo están constituidos, non ocurre así cos de Ourense e Pontevedra. Agora, o deputado socialista por Ourense Juan Carlos Francisco, ven de plantexar no Parlamento que se creen xa os consorcios que falta por crear, dado que a Xunta tiña tres anos para facelo, prazo que xa vai comprido. Recorda, ademais, que cando se aprobou a Lei de Emerxencias de Galicia e a creación de estes concursos, se fixo coa unanimidad de tódolos grupos no Parlamento de Galicia.
 
 
O PSOE pide a Xunta os consorcios de emerxencias de Ourense e Pontevedra, que aínda non creou
10 de MARZOde 2010: OURENSE DIXITAL
   

O PSdeG-PSOE ven de pedir a Xunta de Galicia que constitúa os consorcios provinciais de Emerxencias tanto de Pontevedra como de Ourense, na actualidade aínda sin constituir. Así o fixo o parlamentario do PSOE por Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera, a través dunha iniciativa parlamentaria planteada neste sentido.
O parlamentario lembrou que na pasada lexislatura se aprobou a lei de Emerxencias de Galicia, que establecía que nun prazo non superior a 3 anos a Xunta estaba obligada a impulsar a creación de ditos consorcios. Estes consorcios terían que ser financiados polas deputacións, os concellos de máis de 20.000 habitantes (no caso da provincia de Ourense só o da capital) e a propia Xunta de Galicia.
Os consorcios están chamados a prestar servizos en materia de emerxencias, como seu nome indica, como poden ser os de prevención e extinción de incendios e salvamento.

Sinala Francisco Rivera que “a día de hoxe os consorcios de Ourense e Pontevedra están sen constituir, pero os de A Coruña e Lugo sí están constituidos”. E recorda que a constitución de todos eles foi un acordo no Parlamento que se acadou coa unanimidade de tódolos grupos, así como a redacción dos estatutos polos que se rixen.
Recorda ademais o parlamentario do PSdeG-PSOE,m que a política autonómica de proteción civil e xestión das emerxencias desembocou na creación da Axencia Galega de Emerxencias, encargada de xestionar o Centro de Atención de Emerencias 112.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página