A construcción de dous novos centros cívicos municipais, os dos barrios de O Pino e de Seixalbo, deu un novo paso adiante ese xoves coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, dos proxectos técnicos e os expedientes de contratación dambas obras. No caso de Seixalbo, a Xunta Local aprobou o proxecto de rehabilitación do edificio que acollerá o novo centro cívico e social, por un importe de 291.768,25 euros, que serán financiados con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. No caso de O Pino, o proxecto ten un orzamento de 193.173,63 euros, que se desenvolverá tamén con cargo ó fondo estatal.
No barrio do Pino, a intervención consistirá no acondicionamento dun local existente nun baixo do bloque 3 das Vivendas Sociais. O Centro Cívico porá a disposición dos veciños das 256 vivendas protexidas, así como de todo o barrio de O Pino un espacio para acoller as súas actividades de reunión, cultura, acceso ás novas tecnoloxías, usos recreativos e usos polivalentes.
O Centro Social disporá dun total de 322 m2 de superficie construida, repartidos en dous locais, contando con sala polivalente (que funcionará como zona de lecer e lectura), sala de conferencias e reunións, área de informática, e ludoteca, entre outras prestacións.
En Seixalbo a intervención consistirá na rehabilitación dun edificio coa finalidade de convertelo no novo punto de encontro aberto a toda a cidadanía ó que poderán acudir maiores, mozos e nenos. O edificio ten una superficie de 400 metros cuadrados que se distribuirán de xeito que os cidadáns podan desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer contando tamén cun espacio para os nenos.
Estes novos equipamentos formarán parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, que comezou co da rúa Colón-Casco Vello que entrou en servizo o pasado mes de outubro, e ó que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construcción, e os que se porán en marcha tamén este ano nos barrios de A Ponte e Ceboliño.
Centro Deportivo en Eiroás e mellora das piscinas de Oira
Na mesma sesión, a Xunta Local acordou adxudicar definitivamente a concesión de obra pública para a construcción e explotación dun centro deportivo e de saúde en Eiroás e para a reforma, mellora e xestión das piscinas públicas de Oira. Ámbalas obras axudicáronse á empresa Serviocio, Cultura, Deporte e Recreación, S.L., e suporán un investimento total de 9.750.430,23 euros, dos que 7.878.509.32 euros destinaranse á intervención en Eiroás, cun prazo de execución de 17 meses, e 1.871.920,91 euros á de Oira, neste caso, cun prazo de 7 meses.
Subvencións á rehabilitación de vivendas
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno acordou outorgar un total de 12 subvencións destinadas a apoiar a rehabilitación de vivendas ubicadas nas Áreas de Rehabilitación Integral de Seixalbo e Casco Histórico.
O importe total das subvencións ascende a un total de 210.955 euros, e beneficiarán a proxectos de rehabilitación de vivendas nas rúas Amendo, Maior, Macías e Abelardo Arce, na localidade de Seixalbo, e de vivendas situadas en inmobles das rúas Dous de Maio San Pedro, Praza da Trinidade, Doutor Marañón, Fornos e Canella Cega, no ámbito do Casco Vello. |
|