“Como un intento de censura política á vella usanza”, cualifican os deputados do BNG no Parlamento de Galicia, Tereixa Paz, Carme Adán e Suárez Canal, a intervención policial no centro de ensino secundario de Celanova para retirar uns mecos que se atopaban colgados nas ventas e que aludían ao previsto traslado do centro. “Practicamente como no réxime anterior”, sinalan os deputados, que recordan que estamos en tempo de Entroido. Agora piden ao Parlamento galego explicacións sobre o acontecido no centro de ensino de Celanova, de quen partiu a iniciativa e quen deu a orde para que actuara a policía adscrita e en base a que feitos.
 
 
O BNG pregunta no Parlamento pola intervención policial no centro de secundarias de Celanova
13 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Os deputados do BNG Tereixa Paz Franco, Alfredo Suárez Canal y María do Carme Adán Villamarín,  presentaron deste venres unha iniciativa no Parlamento galego sobre a actuación da policía no centro de ensino secundario de Celanova onde se atopaban  mecos colgados  nas ventas alusivos ao posible traslado do centro. En opinión destes deputados, a actuación policial “pódese traducir como  un intento de censura política á vella usanza”.
Os deputados do BNG salientan a época do Antroido na que estamos e que en moitos dos centros de ensino se organizan distintas actividades do máis diverso tipo, como aconteceu no de Celanova no que unha destas actividades sobre o tema de actualidade, era o traslado do centro.

Ante esta situación, relatan os autores da iniciativa parlamentar, a Policía Local de Celanova e, posteriormente, a policía adscrita procederon a contactar coa equipa directiva para tentar a retirada dos mecos, segundo  parece debido a unha denuncia.
Para o BNG, “debe ser a primeira vez” nos últimos tempos en que se utilizan os corpos de seguridade para impedir unha actividade do Antroido nos centros de ensino. “Practicamente como no réxime anterior”, sinalan.
Os deputados nacionalistas consideran que  “resulta enormemente desproporcionado e grave que se utilicen os corpos e forzas de seguridade para impedir actividades organizadas por centros de ensino para recrear o Antroido”.

Por outra parte, sinalan que detrás desta actuación hai “unha instrumentalización partidaria” das institucións para impedir a critica e a discrepancia que é consubstancial ao Antroido
Ante este feito que, consideran, “atenta contra a liberdade de expresión”, reclaman no Parlamento galego explicacións sobre o acontecido no centro de ensino de Celanova, de quen partiu a iniciativa e quen deu a orde para que actuara a policía adscrita e en base a que feitos.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página