Chega ao Centro Cultural da Deputación de Ourense o artista da casa Moxom, un escultor que ven traballando dende hai tempo a madeira, “por ser un material nobre, cálido e que lle gusta a xente”, dixo o propio artista na presentación desta exposición e do seu catálogo. A exposición está integrada por obras de gran tamaño e por outras de mediano e pequeno formato, pero todas co denominador común da natureza mesturada coa clarividencia do autor, e permanecerá no Centro Cultural ate o vindeiro 7 de marzo.
 
 
O Centro Cultural acolle unha exposición de escultura en madeira do ourensán Moxom
 
12 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle ate o vindeiro 7 de marzo a exposición escultórica “A miña xente”, obra do artista ourensán Moxom, escultor que ven traballando dende hai tempo a madeira cun estilo propio que o define claramente, dándolle vida a cada unha das caprichosas formas que a natureza lle da á madeira.
Segundo afirmou o autor este xoves na presentación da exposición e do catálogo, “eu utilizo a madeira por ser un material nobre, cálido e que lle gusta á xente; e non fago máis que proxectar o que a natureza nos ofrece poñéndolle cor ás fermosas formas que ten a madeira”.

Moxom cumpre, en opinión de Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, o perfil e as liñas de traballo que persegue o Centro Cultural “por tratarse dun artista local, para os que este recinto dedica unha especial atención, dándolles a oportunidade de amosar os seus traballos nunhas condicións de absoluta profesionalidade”.
Precisamente, este ano que se cumpre o décimo aniversario do Centro Cultural, Francisco González dixo que a escultura vai ter un protagonismo especial.

Despois de percorrer gran parte de Galicia coa súa obra en salas de pequena e mediana dimensión, Moxom chega ao recinto expositivo da Deputación para ofrecernos un traballo realizado expresamente para este lugar. O artista chega cargado de madurez, de evolución nun proceso creador que o consolida como un dos novos valores a ter en conta dentro da riqueza cultural creativa de Ourense.

A exposición está integrada por obras de gran tamaño e por outras de mediano e pequeno formato, pero todas co denominador común da natureza mesturada coa clarividencia do autor, que sabe extraer da madeira as imaxes que “humanizan” a escultura, para devolvernos unhas formas singulares do ser humano, de gran beleza artística.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página