Un total de 2.107 alumnos do primeiro ciclo de Educación Primaria da cidade toman parte na actividade “Contacontos” do Concello de Ourense, que este mércores chega o CEIP de Eiroás. O obxectivo deste programa é motivar á lectura por medio da oralidade e a ilustración. O Concello de Ourense tamén recorda que está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación a Baile Latino para persoas de todas as idades.
 
 
Sigue a actividade “Contacontos” do programa de Animación á lectura” do Concello  
20 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Dentro das iniciativas que forman parte do Programa de “Animación á lectura”, da Concellería de Educación do Concello de Ourense, estase levando a cabo a actividade “Contacontos”, que este ano ten como tema globalizador a poesía. O “Contacontos” achega a un total de 2.107 alumnos de 1º ciclo de Educación Primaria -6 e 7 anos- de 31 centros da cidade, unha selección de poemas entrelazados, cantados e interpretados polos nenos, e presentados con ilustracións. O Concello calcula que a participación nesta actividade esté por riba dos 2.000 alumnos.

A actividade desprázase este mércores ó CEIP Eiroás, no que 29 alumnos participarán na mesma. O obxectivo da iniciativa é motivar á lectura por medio da oralidade e a ilustración, achegando ás aulas a poesía dun xeito lúdico.
Paralelamente, a Concellería de Educación está a levar a sesión de “Contacontos” ás Bibliotecas Municipais, puntos de lectura e asociacións e fundacións infantís.

Aberta a inscripción no curso de iniciación a Bailes Latinos

Asemade, segundo informa o Concello de Ourense que está aberto o prazo de inscripción para o curso de iniciación a Bailes Latinos, que terá lugar no Centro Cívico e Social da rúa Colón, dependente do Concello de Ourense
O curso será os sábados, entre as seis e media e as oito da tarde, e terá unha duración de tres meses, aberto a persoas de todas as idades que desexen participar. A inscrición é gratuita

Os interesados poden materializar a súa inscripción na rúa Bispo Carrascosa, 14 Baixo, ou no teléfono 988 388 137, ata o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, día de peche do período de matrícula.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Ana Garrido