A 105.482 euros ascende a inversión das melloras levadas a cabo na zona de Velle do extra radio da capital ourensá polo Concello de Ourense. As obras, xa rematadas, acometéronse nas localidades de Quintela de Velle, Sanmamede, Outeiro e A Granxa e van desde melloras en fontes e lavadoiros ata acondicionamento de camiños e muros. Os traballos leváronse a cargo durante o ano 2009, todos eles con cargos ós Orzamentos Participativos deste Concello.
 
 
Rematadas as obras en Velle nas que o Concello de Ourense investiu 105.000 euros  

13 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron este martes a localidade de Velle, con motivo da finalización das obras de acondicionamento e realización executadas no exercicio 2009 en diversas zonas da localidade, como Quintela de Velle, Sanmamede, A Granxa e Outeiro.
A cantidade total investida ascende a 105.482 euros, con cargo ós Orzamentos Participativos 2009 do Concello, distribuídos do seguinte xeito: 45.843 euros en Quintela de Velle, 33.622 euros en Sanmamede, 16.518 euros en Outeiro e 9.499 euros en A Granxa, segundo informa o Concello de Ourense.

En Quintela de Velle, levouse a cabo o acondicionamento da fonte, lavadoiro e baño, cun investimento de 23.799 euros. A fonte e o lavadoiro foron saneados,  realizouse unha soleira de formigón, colocouse unha rexilla e levouse a cabo a limpeza do xardín.
Asimesmo, 22.044 euros foron adicados á realización de cuberta de madeira e colocación de mesa e bancos de pedra na Praza de Quintela de Velle.

Pola súa banda, en Sanmamede investíronse 33.622 euros no acondicionamento de camiño, muro, fonte e lavadoiro. O máis destacable foi a realización dun muro de formigón armado de 30 cm. de espesor.

Por último, en Outeiro, executouse o acondicionamento de fonte e lavadoiro, por 16.518 euros, e en A Granxa acondicionouse a zona de xogos, co adecentado da entrada á zona, a colocación de barandilla de madeira lateral e inclusión de aparellos biosaudables cun pasillo de acceso.

Volver atras
Imprimir Página