Co obxectivo de fomentar o uso da lingua inglesa entre os escolares ourensáns, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza a posta en escea da obra “Huckleberry Finn”, da compañía de teatro didáctico en inglés “Firewalk Theatre”, enmarcado no programa educativo “Teatro, cine e danza na escola”. Está previsto que acudan ás representacións 1.120 alumnos da cidade entre este martes e o mércores.
 
 
“Huckleberry Finn”, teatro didáctico en inglés para máis de 1.000 escolares ourensáns  

12 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Entre este martes, 12 de xaneiro, e o mércores, día 13, un total de 1.120 alumnos e profesores de 20 centros de ensino da cidade asistirán á representación da obra “Huckleberry Finn”, da compañía de teatro didáctico en inglés “Firewalk Theatre”, no Teatro Principal. Trátase dunha iniciativa da concelleira de Educación de Ana Garrido, que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua inglesa entre os escolares da cidade.
De feito, a actividade está dirixida a alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, e pretende empregar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica para estimular ós alumnos na aprendizaxe da lingua inglesa, a través da adaptación desta famosa obra literaria do escritor norteamericano Mark Twain.

A adaptación da obra é unha visión optimista na que os valores da amizade, solidaridade e ansias de liberdade vencen ó racismo, o maltrato e a intolerancia.
Os profesores de lingua inglesa dos centros asistentes xa tiveron acceso á guía didáctica da obra, coa finalidade de poder facilitar ós alumnos o previo estudio do vocabulario e realizar exercicios relacionados coa obra.
Haberá catro sesións en total, sempre en horarios de nove e media e de once e media.

Volver atras
Imprimir Página