A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por neve que afectará principalmente ás provincias da Coruña e Lugo a partir desta medianoite. A Xunta de Galicia só dispón alerta laranza para estas dúas provincias galegas, sinala que seguindo as indiciacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET.
 
 
Alerta laranxa da Xunta para A Coruña e Lugo, da que se salva Ourense e Pontevedra  

7 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Alerta laranxa por neve nas provincias do Norte de Galicia, A Coruña e Lugo. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET, espéranse nevaradas a partir dos 200 metros de altura que poderían acumular ata os 5 centímetros no norte e no interior da provincia da Coruña e na zona da Mariña e no centro da de Lugo. Ademais, na zona da montaña luguesa tamén haberá acumulacións de neve de 5 cms., sinala a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia na tarde deste mércores.

“Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia,  informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos, policías locais, bombeiros e Deputacións das provincias da Coruña e Lugo, así como aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, á Administración Xeral do Estado e ás empresas de ámbito galego”, precisa este departamento de Presidencia da Xunta de Galicia.

Pídese á poboación que se sigan as medidas de autoprotección destes casos, como son evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias e, en caso de que o sexa, revisar o estado das estradas antes de sair e viaxar con cadeas e os depósitos de combustible e anticonxelante cheos.

Volver atras
Imprimir Página