En vinte obras, dez alumnos do Taller de Arte e Decoración, TAD, de Ourense, amosan aos progresos nas súas técnicas e a evolución do seu traballo. Tratase da mostra “Gran Taller de Pintura” que abriu este pasado sábado o conselleiro de Educación, que permanecerá no Liceo de Ourense ata o día 15 deste mes.
 
 
O Liceo acolle a mostra “Gran Taller de Pintura” de alumnos do TAD desta cidade  

4 de ENERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Dende este pasado sábado, 2 de xaneiro, en que foi inaugurada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, o Liceo de Ourense acolle a mostra “Gran Taller de Pintura”. A exposición conta con vinte obras ao óleo de dez alumnos do Taller de Arte e Decoración (TAD) da cidade de As Burgas.
Ata o 15 de xaneiro as pinturas están expostas no claustro do Liceo, sendo unha mostra máis do traballo levado a cabo no TAD, xa que moitas delas están firmadas polos primeiros estudantes do centro.

A través dos cadros móstrase o resultado da constancia e da paciencia dos autores, nos que se nota o progreso obtido na súa técnica día a día, grazas aos coñecementos adquiridos grazas á práctica diaria, ás indicacións dos profesores e, sobre todo, ao interese demostrado polos asistentes ao taller.
O TAD, que abriu as súas portas en 2006 nun local no centro de Ourense, ten como obxectivo ensinar a pintar e debuxar con todas as técnicas, sendo a máis empregada a do óleo. A través dos pinceis os alumnos poden expresar calquera idea cun material que lles permite facer correccións con facilidade.

Volver atras
Imprimir Página