O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Balar, anunciou este martes a inminente publicación de A Esmorga ao inglés, traducida polo profesor Craig Patterson. O anuncio fixo o titular da institución provincial ourensá na tradicional ofrenda organizada polo PEN Clube de Galicia no Cemiterio de San Francisco desta cidade, no ano no que se cumplen 30 do pasamento de Blanco Amor.
 
 
A Esmorga, de Blanco Amor, publicarase en inglés coa colaboración da Deputación de Ourense
2 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Esmorga, a novela máis universal de Eduardo Blanco Amor, será publicada en inglés co apoio da Deputación de Ourense. Así o anunciou este martes o presidente da institución provincial, José Luis Baltar, durante a tradicional ofrenda organizada polo PEN Clube de Galicia, que cada 1 de decembro se realiza no Cemiterio de San Francisco en lembranza de Blanco Amor. Ao acto asistiron, ademais do presidente da Deputación, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e o presidente do PEN Clube, Luis G. Tosar, entre outras autoridades.

A publicación en inglés de A Esmorga é un proxecto realizado pola Deputación de Ourense xunto coa editorial Galaxia, posuidora dos dereitos de autor da obra, e conta co traballo de tradución a cargo do profesor de Cardiff Craig Patterson, destacado investigador da literatura galega que ten publicadas importantes obras de escritores galegos, entre eles Otero Pedrayo.

“A importancia deste traballo radica no impulso que terá para a literatura galega a promoción en inglés dunha das obras senlleiras da nosa literatura”, en opinión de José Luis Baltar.
O presidente provincial sinalou que a figura de Blanco Amor ten unha longa e histórica vinculación coa Deputación de Ourense, xa que esta institución é depositaria da súa extraordinaria biblioteca, un xesto de xenerosidade dun dos escritores máis emblemáticos para a  nosa provincia e para Galicia enteira, unha mostra de xenerosidade e compromiso para que o seu legado quede a disposición da sociedade en xeral”.
Baltar destacou, asemade, a inauguración da exposición “Eduardo Blanco Amor. Da súa propia man”, que tivo lugar tamén este martes no Centro Cultural.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página