Francisco Rodríguez, alcalde

 
  Dous asuntos destacan no tratado este xoves pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense. Por una banda, acordouse poñer a disposición de CHM-S os terreos para acometer as obras de mellora de rede de saneamento da zona Norte da cidade, que consistirán na renovación do colector do Camiño Real de Cudeiro e a Avenida de Santiago. Destaca aquí o Concello a colaboración recibida dos veciños da zona para a cesión dos terreos. Por outra banda, danse os primeiros pasos para a construcción doutro aparcadoiro no centro da cidade, este na confluencia das rúas Valle Inclán e Celso Emilio Ferreiro, con un total de 590 prazas, 295 en rotación.
 
 
O Concello cede a Confederación os terreos para renovar o saneamento da zona Norte da cidade
27 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A proposta da Concellería de Medio Ambiente, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza deste xoves poñer a disposición da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil os terreos necesarios para acometer novas obras de mellora da rede de saneamento da zona Norte da cidade, que consistirán na renovación do colector actualmente existente entre o Camiño Real de Cudeiro e a Avenida de Santiago.

A execución deste proxecto, sinala o Concello de Ourense, permitirá mellorar a rede de saneamento nun entorno no que residen máis de mil veciños, fundamentalmente nos núcleos de Cudeiro, Valdorregueiro e o seu contorno.
O colector actualmente existente ten preto de 40 anos de antigüidade, e resultaba insuficiente para as necesidades da zona, que ten experimentado un importante crecemento durante os últimos anos. Coa súa sustitución, os veciños disporán dun novo colector, conectado coa rede xeral de saneamento, que garantirá  un servicio axeitado ás necesidades actuais.
Destaca tamén o Concello de Ourense, que a realización das obras será posible gracias á colaboración dos veciños da zona que, tralas conversas mantidas co Concello, facilitarán gratuítamente os terreos necesarios para a súa execución.

Obras complementarias do saneamento do río Miño

Na actualidade, a Confederación Hidrográfica está a executar as obras de acondicionamento dos colectores xerais e interceptores da marxe dereita do río Miño, no tramo comprendido entre O Vinteún e a Ponte Nova. Ante a execución destes traballos, o Concello de Ourense solicitou no pasado mes de decembro, que se ampliase o ámbito da actuación, incluindo a renovación deste tramo de colector, debido á súa antigüidade e mal funcionamento.

A solicitude realizada polo Concello foi atendida pola Confederación, que comunicou ó Concello a aprobación técnica do proxecto de obras, que terán a consideración de complementarias das que actualmente está a executar nesta marxe do río.
Así, no acordo adoptado este xoves, o Concello aprobou a posta á disposición da Confederación dos terreos necesarios para executar as obras. Concretamente, consistirán na sustitución do colector de saneamento existente, que data do ano 1971, debido ó seu deficiente estado e mal funcionamento. Son en total 300 metros liñais de saneamento que transcurren paralelos ó arroio Loña entre o Camiño Real e a Avenida de Santiago

Novo aparcadoiro no centro da cidade de 590 prazas

Tamén na súa xuntanza dese xoves, a Xunta de Goberno ven de realizar a aprobación inicial do anteproxecto para a construción e explotación dun estacionamento soterrado na intersección das rúas Celso Emilio Ferreiro e Valle Inclán. O futuro aparcadoiro contempla 295 prazas en rotación, 291 para coches e catro para motos  e será construido e explotado en concesión administrativa por iniciativa privada.
A construción desta infraestrutura ven motivada pola actual escasez de prazas de aparcamento nunha zona moi reducida na que conflúen un centro de saúde e  instalacións como a Casa da Xuventude.

O futuro aparcamento ocupa unha extensión de 2250 metros cadrados, todos  de titularidade pública, comprendendo a zona verde correspondente aos coñecidos como Pavillóns Militares: un espazo hoxe cun alto grao de abandono que será recuperado con esta obra para o desfrute dos veciños. Esta obra de humanización foi incorporada  como  cláusula necesaria para a concesión da obra desde a Concellería de Infraestruturas, e como tal figura no anteproxecto hoxe aprobado.

Cambio de datas para o mercado ambulante de Abastos

Segundo proposta presentada pola Concellería de Comercio, a Xunta de Goberno autorizou a celebración do mercadillo de vendedores ambulantes anexo á Praza de Abastos nº 1 o día 6 de decembro de 2009 en lugar do día 7,  facéndoo coincidir así coa apertura da Praza de Abastos o devandito día. 
A modificación foi solicita polos propios comerciantes de Abastos e a súa asociación de vendedores ambulantes.

Así mesmo, en materia de mobilidade, a Xunta de Goberno aprobou a posta en marcha dun segundo autobús para cubrir a liña 25 de horario nocturno, o coñecido como Moucho Bús.  Autorízase así á empresa xestora Urbanos de Ourense a ampliar este servizo cada vez máis empregado as fins de semana cun cambio que supón un incremento de 11.326 quilómetros anuais. A liña correspóndese co traxecto Estación Buses – Residencia os venres, sábados e vésperas de festivos.
 
 
 
Volver atras
Imprimir Página