De manterse os compromisos agora mesmo establecidos, a rede do transporte metropolitano estaría funcionando o ano que ven, 2010. Así o sinalou o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Andrés García Mata, ao remata da reunión que se celebrou de novo este mércores co director xeral da Xunta Rodríguez Bugarín. A esta reunión asistiron reprensentantes dos concellos de Toén, Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Punxín, Coles, Amoeiro e Barbadás, todos limítrofes co da capital. Bugarín anunciou que de innmediato comezarán contactos bilaterais cos diferentes concellos para acabar de “definir os flecos técnicos” e o establecemento dun sistema de tasas e pagos que, anunciou “será homoxéneo para toda Galiza.
 
 
A rede de transporte mancomunado de Ourense podería entrar en servizo o ano que ven, 2010  
29 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Representantes dos concellos integrantes na futura mancomunidade de transporte metropolitano de Ourense reuníronse este mércores co Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia para definir o estado técnico no que se atopa a futura rede de transporte metropolitano de Ourense e contorno. A xuntanza fora solicitada polo propio Concello de Ourense a través do seu tenente alcalde, Andrés García Mata, e o concelleiro de Mobilidade, Manuel Herminio Iglesias, nun encontro mantido co propio director xeral da Xunta o pasado 25 de setembro.

A esta nova xuntanza asistiron representantes dos concellos de Toén, Pereiro, San Cibrao,  Punxín, Coles, Amoeiro e Barbadás, que lle transmitiron ao director xeral da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, “a necesidade prioritaria de que a rede se poña en marcha, xa que se trata dunha demanda cidadá urxente”. 
Bugarín anunciou que de innmediato comezarán contactos bilaterais cos diferentes concellos para acabar de “definir os flecos técnicos” e o establecemento dun sistema de tasas e pagos que, anunciou “será homoxéneo para toda Galiza.

García Mata fixo un requerimento especial ao Director Xeral en torno ao calendario de traballo, que marca como data límite o ano 2010 para a posta en marcha da comunidade.  Asi mesmo, quizo facer fincapé en que “o Concello de Ourense amosará dispoñibilidade absoluta para acelerar os traballos e conquerir este obxectivo coa máxima celeridade posíbel”, sinalou.
García Mata calificou de “moi satisfactoria” a conversa mantida este mércores, e anunciou que, “ de manterse os compromisos”, a rede de transporte metropolitano de Ourense estará en marcha para o ano 2010.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  García Mata