O presidente da Xunta de Galicia adiantou este xoves que as obras da A-52, Celanova-Fronteira con Portugal, comezarán no segundo semestre do 2010 e terán que estar rematadas no 2012. As obrs terán un investimento de 130 millóns de euros, e suporán un aforro do 40% nos tempos de conexión aos 200.000 veciños das comarcas que se comunicarán por esta nova autoestrada. Concretamente o traxecto entre a autovía das Rías Baixas, Celanova e a fronteira con Portugal acurtará o traxecto en 15 minutos.
 
 
As obras da A-52, Celanova-Fronteira Portuguesa, comezarán no segundo semestre do 2010  

9 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves que a nova autovía entre Ourense (A-52), Celanova e a fronteira portuguesa reducirá un 40% os tempos de conexión para os preto de 200.000 veciños da comarca. Así o indicou o mandatario galego tras a reunión semanal do Consello da Xunta na que se aprobou decreto polo que se declara a utilidade pública desta infraestrutura, o trámite previo ao inicio das expropiacións e ao comezo das obras.

O mandatario galego explicou que esta autoestrada será un “gran eixo vertebrador” da provincia de Ourense, xa que suporá reducir en 15 minutos o traxecto entre a autovía das Rías Baixas, Celanova e a fronteira portuguesa.
Feijóo destacou que a construción desta infraestrutura terá un investimento de 130 millóns de euros e que as previsións da Xunta son que as expropiacións comecen no primeiro semestre de 2010, e as obras no segundo, para que a autoestrada estea rematada no ano 2012.
“Ese é o compromiso que hoxe asumimos con Galicia e coa provincia de Ourense”, remarcou o presidente, quen destacou que se trata dunha obra “clave” para dinamizar emprego na comarca a través da construción civil.

Volver atras
Imprimir Página