Este domingo, agardando contar coa colaboración da meteoroloxía, chega unha nova edición do “Día da Bici”. Na presentación que tivo lugar este xoves do evento máis populoso de cantos da súa índole se celebran nesta cidade (a ano pasado contabilizáronse 7.000 persoas), os organizadores destacaron que este ano introducirase dúas novidades: unha maior colaboración da Policía Local a procura de facer o recorrido máis fluido, e a chegada, que en vez de ser á Praza Maior será a Alameda.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
As bicicletas volven a tomar as rúas da cidade este domingo no XXV “Día da Bici”
2 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O vindeiro domingo as bicicletas volverán a tomar as rúas da cidade. O “Día da Bici”, que foi presentado este xoves na Deputación de Ourense, acada coesta a XXV edición 25 anos dende que aló polo 1984 naceu da man do Clube Ciclista Ourensán e tendo como impulsores da idea a Ángel Cid e Emilio Fernández, sinalouse este xoves no acto de presentación do evento.
Segundo os organizadores, hoxe esta proba está completamente consolidada e constitúe a actividade lúdico-deportiva máis numerosa de cantas se celebran en Ourense. Na pasada edición de 2008 máis de 7.000 persoas participaron no “Día da Bici”.

Na 25 edición do “Día da Bici” hai este ano dúas novidades:
por unha banda, modifícase a chegada, que en lugar de ser na Praza Maior será na Alameda; e por outra banda, a Policía Local despregará un operativo especial para evitar que haxa longas paradas nos puntos de reagrupamento, coa finalidade de que o percorrido se faga de maneira máis ou menos continua.
O percorrido comezará ás 12 horas na Deputación, seguindo polas rúas Progreso, Baixada a Praza, Dr. Fleming, Ervedelo, Avenida de Portugal, marcelo Macías, Avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández Oxea, Lugo, Progreso, Juan XXIII, Concello, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Eulogio G. Franqueira, Río Arnoia, Avenida de Santiago, Basilio Álvarez, Ponte do Milenio, Pardo de Cela, Progreso e Alameda.
A inscrición pode realizarse ata o vindeiro sábado, día 3, no Paseo Centro Comercial.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página