O proxecto de implantación de WIFI en Seixalbo foi adxudicado provisionalmente na Xunta de Goberno deste xoves a “Galega de Enxeñería e Instalacións, S.L.” por 243.902,74 euros. Trátase da adxudicación dun proxecto que aportará Internet sen fíos nun área de cobertura de 3 kms. cadrados, que ofrecerá ós veciños telefonía gratuita, sistemas de atención a maiores e multiconferencia. Trátase dun proxecto piloto que convertirá a Seixalbo no primeiro barrio da cidade en dispoñer deste servicio, si ben é intención do Concello expandilo a outros barrios.
 
Noticias Relacionadas
  Seixalbo será o núcleo pioneiro na implantación do WIFI no Concello de Ourense
 
 
Seixalbo cada vez máis preto de converterse no primeiro barrio de Ourense con WIFI  
2 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno acordou este xoves adxudicar provisionalmente o contrato de suministro e implantación da rede radioeléctrica de banda ancha para acceso a internet na parroquia de Seixalbo. O adxudicatario é “Galega de Enxeñería e Instalacións S.L.”, por 243.902 euros.
O proxecto, encadrado dentro do Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información, consiste na creación dunha rede de acceso inalámbrico de transmisión de datos e acceso a Internet para o núcleo de poboación principal da parroquia de Seixalbo. Esta rede, á súa vez, integrarase na rede que o Concello está comezando a desplegar.

Deste xeito, a implantación das tecnoloxías abertas ofrecerán cobertura a uns 3 km. cadrados de Seixalbo, dando acceso a Internet de Banda Ancha ó 80% da poboación deste núcleo ourensán.
O proxecto piloto de Seixalbo, suceptible de expandirse por outros núcleos rurais, permitirá prestar servicios públicos a poboacións con illamento endémico, o que suporá unha estratexia de inserción da poboación rural ourensán na sociedade do coñecemento.

O proxecto piloto de rede WIFI na zona de Seixalbo supón que o Concello de Ourense adopta a tecnoloxía sin fíos como millor solución para ofrecer unha rede municipal de acceso a Internet, como un servicio do Concello ó núcleo de Seixalbo.
A finalidade é garantir á banda ancha ó 80% de poboación do núcleo, cunha cobertura de 3 km cadrados no entorno de Seixalbo, ademáis dun corredor de outros 3 kilómetros por onde pasará o sinal troncal.

Segundo consta no proxecto, a solución técnica proposta está técnicamente probada e ampliamente dispoñible no mercado para a provisión de Internet a núcleos rurais. Trátase da banda ISM –que non require licencia de funcionamento na maioría dos países- e usa equipos estándar de 2.4 Ghz que amosan como vantaxe que ofrecen un gran ancho de banda.
Esta tecnoloxía WIFI se complementará co sistema 802.3 Ethernet cableada para algúns enlaces entre nodos de acceso, que formarán a rede troncal, e a posterior configuración de redes en malla. Será necesario un nodo repetidor entre a cidade e o val onde se sitúa Seixalbo.

Os servicios dispoñibles da rede de datos serán os des istema de autentificación; servicio de Intranet, que permitirá a adquisición dun dominio web propio e a xeneración de contidos interesantes para a zona de Seixalbo e Ourense, en software libre do tipo LAMP; sistema de telefonia gratuita (Voip) para os veciños do núcleo de Seixalbo; así como os servicios relacionados coas comunicacións, coa saúde ou co Medio Ambiente (sistema de emerxencias para persoas maiores con “botón de pánico” no domicilio, comunicacións gratuitas entre veciños, multiconferencia, etc.)

Volver atras
Imprimir Página