Como “o cumprimento dun compromiso electoral” do presidente da Xunta de Galicia nun intento de “aproximar a administración autonómica á realidade dos galegos no exterior”, definiron o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, e o director xeral de Exteriores, Jesús Gamallo, as novas instalacións da Xunta de Galicia que se ubican nun local do Centro de Galicia de Buenos Aires.
Camba Bouzas recalcou que a medida “non é unha decisión puntual, senón que será unha norma de actuación en toda a lexislatura”.
Neste sentido, sinalou o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia que “o compromiso se estende á defensa dun riguroso control orzamentario”. “Ábrese unha nova etapa de relacións coa colectividade galega en Arxentina, subliñou o responsable de Emigración da Xunta de Galicia.
En referencia ao sinalado “riguroso control orzamentario”, Camba Bouzas explicou que a rescisión do contrato de aluguer da anterior sede “suporá aforrar máis de 400.000 euros ao ano”, xa que estes locais custaban as arcas galegas 45.000 euros ao mes.
Neste sentido, Santiago Camba indicou que “reducir custes operativos e frear o crecemento inxustificado do gasto burocrático e administrativo significará potenciar os servizos socio-sanitarios, as áreas de promoción comercial, a captación de investimentos, a cooperación universitaria, o fomento do turismo e a difusión da cultura galega, entre outros obxectivos sa en marcha”, sinalou o secretario xeral de Emigración.
Pola súa bande, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, sinalou que “esta Delegación está aberta á sociedade arxentina”, e reafirmou o compromiso de colaboración do Goberno galego coa sociedade en xeral e as institución deste país. |
 |