|
| |
| |
O feito de que o Concello de Xinzo aprobara os orzamentos nestas datas do mes de xullo, para o BNG pon as claras que en vez de algo importante é cumprir cunha “simple obriga”. O voceiro nacionalista destaca que o 51% do gasto e decir, máis da metade, o leva Persoal do Concello, mentras o Goberno de Isáac Vila deixa a realización das obras ao Fondo Estatal de Investimentos Locais, FEIL, este ano, sin consignar fondos municipais para proxectos maiores. Eso sí, advirte o Grupo do BNG que chegarán nos vindeiros catro anos fortes incremento na contribución ou IBI, pasando do actual 0,40% en urbana e 0,35% en rústica, a ta o 0,54% e o 0,51%, respectivamente. |
| |
| |
|
|
 |
 |
| O Concello de Xinzo gasta máis da metade dos orzamentos deste 2009 en pagar ao seu persoal |
 |
| 20 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL |
 |
|
|
|
“A aprobación dos orzamentos a estas alturas do exercicio convirte este feito transcendental nunha simple obriga
legal sen repercusión práctica na xestión económica diaria do Concello”, sinala o voceiro do Grupo do BNG ao quedar aprobados os Orzamentos do 2009 do Concello de Xinzo de Limia. “O documento máis importante na vida administrativa do Concello fica relegado a un mero trámite burocrático e, en consecuencia, o seu debate e aprobación son para o alcalde e o grupo de goberno unha penalidade”, sinala Amador Díaz Penín.
Recalca o BNG que a partida de Persoal volve a levarse “a mellor tallada” orzamentaria, cun 51% do capítulo de gastos, “repetindo a tendencia de anos anteriores e representando unha autentica lousa para as arcas municipais”, sinala Díaz Penín.
A recadación por impostos directos e indirectos cae, como consecuencia fundamentalmente do parón da construción polos efectos da crise, mentres que os ingresos por taxas se prevé que aumenten logo das últimas revisións e actualizacións.
O capítulo de inversións programadas polo Concello “é virtualmente inexistente e pódese afirmar que este ano o Grupo de Goberno do PP non vai abordar ningunha obra de transcendencia con cargo aos recursos municipais”.
Todo se deixa, segundo ao BNG, ao que asume o Estado con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais, FEIL.
Así mesmo, destaca Díaz Penín que o Concello que dirixe como alcalde o popular Isáac Vila, vese obligado a aprobar un Plan de Saneamento para garantir a devolución dun crédito nun prazo de seis anos. Esto conleva unha suba escalonada dos tipos do IBI, máis coñecido como a contribución, nos vindeiros catro exercicios, pasando do actual 0,40% en urbana e 0,35% en rústica, a ta o 0,54% e o 0,51%, respectivamente. “E dicir, unha vez máis os veciños e veciñas de Xinzo serán os que paguen a desidia, desgoberno e falta de xestión de 25 anos de alcaldía de Isáac Vila e do Partido Popular”. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|