|
| |
| |
O ourensán Juan Carlos Fernández Fasero ven de ser nomeado este xoves no Consello da Xunta, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, a AGADIC. Nacido en Arnoia no ano 1969, é autor de tres discos e compositor e produtor para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreras e Lume. |
| |
| |
|
|
| O ourensán Juan Carlos Fasero, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC |
 |
| 3 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL |
 |
|
|
|
Naceu en Arnoia no ano 1969. Realizou estudos de Física na Universidade de Santiago e no Conservatorio Profesional de Música de Ourense na especialidade de guitarra. Foi membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi e autor de tres discos na súa carreira en solitario. Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreras e Lume.
O ourensán Juan Carlos Fernández Fasero ven de ser nomeado este xoves polo Consello da Xunta, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, AGADIC.
Nominado 4 veces pola Academia de la Música como mellor autor en galego, recibiu tres premios Luar a producións realizadas por el.
Ata a actualidade, foi director da empresa Zouma Producciones S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas.
En 2007 resultou elixido concelleiro polo Partido Popular no concello de Arnoia. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|