Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

María Devesa

 
  A Xunta Local de Goberno do Concello de Ourense aprobou este xoves plas de seguridade e saúde para varias obras a realizar na cidade, así como subvencións por un importe de 63,6 millóns de euros para rehabilitar tres inmobles do Casco Histórico da cidade. Tamén este xoves o alcalde de Ourense e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, asistiron este xoves á entrada en servicio dunha nova zona de ocio dotada con xogos biosaudables na rúa da Granxa.
 
 
O Concello habilita 63,6 millóns de euros para rehabilitar tres inmobles do Casco Histórico  
3 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa reunión deste xoves o plan de seguridade e saúde para a execución das obras de instalación de iluminación pública nas zonas de Paseo Ribeiriño e parque
Beira Miño.
Nesta mesama sesión da Xunta Local de Goberno tamén se aprobou o plan de seguridade e saúde para as obras de
remodelación e mellora da Praza 500 e arredores do barrio de Barrocás.

Así mesmo aprobáronse subvencións por un importe total de 63.658,33 euros para as obras de rehabilitación realizadas en tres edificios situados no ámbito do Casco Histórico. Concretamente, as axudas darán apoio ás obras de rehabilitación de elementos comúns realizadas no edificio de vivendas sito na rúa da Barreira nº 8, por importe de 12.164,36 euros, a rehabilitación do edificio sito en rúa Colón, nº 25, por importe de 44.000 euros, e a rehabilitación de 2 vivendas sitas no edificio de rúa Colón nº 30, por importe de 3.776,24 e 3.717,73 euros,
respectivamente.

O Concello acondiciona unha zona de ocio na rúa da Granxa

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, asistiron este xoves á entrada en servicio dunha nova zona de ocio dotada con xogos biosaudables na rúa da Granxa. Trátase dunha actuación financiada polo Concello con cargo ós Orzamentos Participativos, coa que a Concellería de Participación Cidadá dá resposta á demanda dos veciños desta zona da cidade de contar cun espacio de ocio no que persoas de tódalas idades, pero especialmente os maiores, podan practicar exercicios saudables.

A actuación realizada polo Concello permitiu poñer en valor unha praza de pedra sita ó comezo da rúa da Granxa (pasado o cemiterio de San Francisco, a man esquerda en sentido de saída da cidade), na que se repararon o pavimento e os bancos e se ubicaron varios xogos biosaudabes, que foron elixidos polos propios veciños da zona, que serán os principais usuarios deste espacio.

Volver atras
Imprimir Página