Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez

 
  Nova misiva do alcalde de Ourense ao Ministerio Público polo caso da contaminación no río Barbaña e as 17.000 especies fluviais que pereceron neste cauce fluvial. Rodríguez xa cursou nada máis producirse o caso solicitude de que a Fiscalía de Ourense entrara de cheo no asunto. Agora, este xoves, acaba de facer o mesmo dando conta da situación e pedindo a intervención no caso do Fiscal coordinador de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, Antonio Vercher.
 
Noticias Relacionadas
  ADEGA píde á Fiscalía “que manteña informada á cidadanía” no caso da contaminación do Barbaña
  Amigos da Terra esixirá o cumprimento do principio de que Quen contamina, paga
 
 
O alcalde de Ourense pide que entre no caso do Barbaña o Fiscal de Medio Ambiente do Supremo
Antonio Vercher
3 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, remitiu este xoves unha carta ao Fiscal coordinador de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, Antonio Vercher, na que lle dá traslado da solicitude xa presentada ante a Fiscalía de Ourense, de que se realice unha investigación sobre o vertido tóxico detectado nos últimos días no río Barbaña.
Na súa misiva, Francisco Rodríguez advirte ao Fiscal de Medio Ambiente da alarma social xenerada na cidade por este grave vertido ó río, e lle traslada a solicitude presentada o día 26 de xuño na Fiscalía de Ourense solicitando incoar as pertinentes dilixencias de investigación pola presunta comisión dun delito contra os Recursos Naturais e o Medio Ambiente

“Con este escrito, o Concello continúa a desenvolver o seguimento oportuno para acadar o esclarecemento das causas que orixinaron o vertido, coas gravísimas consecuencias medioambientais que ocasionou nun entorno tan valioso como o río Barbaña”, sinala o rexidor municipal ourensán.
Rodríguez xa cursou ao Fiscal da Audiencia de Ourense a súa preocupación pola situación nada máis producirse e o desexo do Concello de Ourense de que o Fiscal tomara cartas no asunto.
Agora Francisco Rodríguez eleva petición no mesmo sentido ao Fiscal coordinador de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página