“Ofelia”, de Maribel Castro Díaz, é a obra gañadora do VIII Certame de Artes Plásticas que convoca a Deputación de Ourense, e cuxo fallo deu a coñecer este luns o xurado do Premio. Está dotado con 6.000 euros. O segundo premio, dotado con 4.000 euros, foi para a obra “Von Weitem” de José Collazo Méndez, mentras que o terceiro gañouno “No justice” de Marcos A. Covelo Pérez. O certame é de temática aberta, e ten como obxectivo promover e apoiar aos novos valores nos distintos eidos das artes plásticas. Dende que se creou no ano 2000, contabiliza xa cerca de 2.000 obras presentadas a concurso.
 
 
“Ofelia”, de Maribel Castro Díaz, gaña o VIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense
23 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O xurado do “VIII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense” reuniuse este lunes no Centro Cultural da institución provincial para deliberar e dar a coñecer as obras premiadas.
O fallo do xurado, integrado por Ángel Cerviño, Jesús Vázquez, Almudena Fernández e Mercedes Rozas, sendo secretario Francisco González, foi o seguinte:

- Primeiro premio, dotado con 6.000 euros, para a obra “Ofelia”, de Maribel Castro Díaz.

- Segundo premio, dotado con 4.000 euros, para a obra “Von Weitem”, de José Collazo Méndez.

- Terceiro premio, dotado con 2.000 euros, para a obra “No justice”, de Marcos A. Covelo Pérez.

- Hai dúas acccésit, dotada cada unha delas con 1.000 euros, que son para “Planar”, de Arturo Fuentes Calle, e “Lucía” de Jesús Madriñán Fernández.

O Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense ten como obxectivo promover e apoiar ós novos valores nos distintos campos das artes plásticas: pintura, escultura, gravado, e calquera outro tipo de expresión artística coma vídeo, arte dixital e instalacións. No certame participaron artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. A temática foi libre, admitíndose todo tipo de tendencias artísticas, e na realización da obra podíase empregar calquera tipo de técnica e material.

“A importancia deste certame ponse de manifesto o feito de que desde o seu comezo teñan concorrido cerca de dúas mil obras dende que se puxo en marcha no ano 2000”, sinalan os responsables do mesmo. En opinión do director do Centro Cultural, Francisco González, “ano tras ano recibimos obras que chegan de toda Europa e Sudamérica, ademais de España, o que fai deste premio un certame consolidado e de gran aceptación nacional e internacional”. Engade Francisco González que esta consolidación permite ao certame ser tamén “un punto de referencia para que ós xóvenes creadores poidan abrirse camiño no difícil mundo do arte”.

No vindeiro mes de setembro, a Deputación de Ourense fará unha exposición cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página