A proposta que ven de presentar o Grupo do Partido Popular no Concello de Carballiño de pechar a radio municipal “é un ataque contra a liberdade de expresión de todos”. Así se manifiesta a Asociación “O Trasno Musifú”, que recorda ao PP, ademais, que “estas radios estaban subvencionadas pola Xunta de Manuel Fraga”, e que foron postas en marcha dende o goberno do PP. Piden ao Partido Popular que retire esta iniciativa plantexada ao Concello.
 
 
O pretendido peche polo PP da radio municipal de Carballiño é rexeitado por “O Trasno Musifú”  
19 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A proposta do Grupo do Partido Popular que lidera en Carballiño Arximiro Marnotes de pechar a radio municipal, é contestada por la Asociación “O Trasno Musifú” que a considera “un ataque contra a liberdade de expresión de todos”.
A Asociación recorda ademais ao PP tanto que estas radios estiveron subvencionadas no seu día pola Xunta de Manuel Fraga, como que “foron postas en marcha dende o goberno do PP”. Ademais de que “é un servizo para os veciños de Carballiño”.

“Instamos o Partido Popular a traballar de verdade pola nosa vila apoiando non bloqueando para así intentar realizar unha restructuración económica acorde cos tempos, pero que non quite liberdades de expresión na sociedade”, sinala o colectivo.
Recorda “O Trasno Musifú” que esta Asociación se implicou dende o primeiro momento coeste proxecto de radio municipal, creando diferentes programas e obradoiros de aprendizaxe para que os rapaces da vila realizasen os seus propios espazos radiofónicos. “Ata o día de hoxe non escoitamos iniciativas dende o PP ou BNG neste senso pero si moitas mentiras durante estes últimos anos”, sinala la Asociación, que remata expresando que “so queremos que metan as mans na masa e se poñan a traballar en vez de cubrir documentos de literatura de ficción”.

Volver atras
Imprimir Página