Os socialistas de Xinzo de Limia presentaron un escrito no Concello de Xinzo no que lle piden ao alcalde, Isaac Vila, explicacións “acerca de cales foron os motivos que levaron a clausurar dous puntos de recollida de aceites usados no entorno rural”. A agrupación socialista insta a Vila a que “cumpra as súas palabras e lle facilite aos gandeiros e aos agricultores que poidan seguir desenvolvendo  boas practicas medioambientais”.
 
 
O PSOE alerta de que en Xinzo moitos aceites usados poden acabar na rede de sumidoiros  
19 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Grupo do PSdeG-PSOE no Concello de Xinzo de Limia ven de rexistrar un escrito polo que lle pide ao alcalde, o popular Isáac Vila Rodríguez, explicacións de por que se clausuraron dous puntos de recollida de aceites usados aos que gandeiros e agricultores viñan levando ata o de agora os seus aceites. A voceira do Grupo Socialista, Elvira Lama, pídelle ao alcalde que “facilite aos gandeiros e aos agricultores que poidan seguir desenvolvendo  boas practicas medioambientais”.

Os socialistas de Xinzo consideran que, ao surprimirse estes puntos que estaban ubicados no rural do Concello, “é moi seguro que coa desaparición  dos puntos de recollida, medios que facilitan a tarefa de recollida de materiais ás empresas encargadas de reciclaxe, se obrigue aos labregos e gandeiros a depositar os residuos en Xinzo co que isto significa”.
Sentencian os socialistas que a raíz desta decisión “moitos aceites acabaran nas redes de saneamento o que desencadeará unha degradación do medio natural que pode repercutir gravemente na saúde das persoas”.

O grupo municipal socialista recorda que xa solicitou o ano pasado que se ampliaran estes puntos de recollida coa finalidade de que este servizo chegase a unha maior cantidade de núcleos do rural. Sobre todo a aqueles onde o número de agricultores e gandeiros era mais numeroso, dado o estado de saturación que presentaban  os colectores  existentes xa que o resultado que se estaba conseguindo era que os puntos de recollida se foron convertendo en espazos  inoperantes.

Volver atras
Imprimir Página