O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense desenvolverá un ano máis os talleres de verán. Trátase dunha actividade orientada ós mozos de entre sete e catorce anos, co fin de amosarlles facianas diversas da realidade histórica a través de actividades diversas que axudan a coñecer épocas diversas, segundo informa a Xunta de Galicia. Son actividades que están dirixidas a nenos e nenas de entre sete e catorce anos.
 
 
Chegan outro verán os talleres do Arqueolóxico Provincial de Ourense  
18 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense anuncia un novo vran dos seus talleres para os mozos de sete a catorce anos. Esta actividade forma parte do programa anual de actividades que o Museo, como organismo dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, leva adiante como factor de dinamización social do seu labor ordinario na conservación, protección e difusión do patrimonio cultural, eixos dos seus obxectivos institucionais.

Os talleres previstos para este ano son os seguintes:

- “Os segredos das pedras”, do 7 ao 10 de xullo, para nenos/as de 13 a 15 anos;

- “Alfombras de pedra”, d o28 ao 31 de xullo, de 9 a 12 anos.

- “Grafittis da Prehistoria”, do 18 ao 21 de agosto, para  nenos e nenas de 7 á 9 anos.

- “Armando un cabaleiro”, do 1 ao 10 de setembro, para rapaces e rapazas de 11 á 14 anos.

Esta actuación complementase con outras que levan o Museo ás escolas (“O Museo vai á Escola”), que se desenvolve no último trimestre do ano e que tivo unha repercusión e valoración moi positiva por parte dos mestres.
Para participar cómpre anotarse , cubrilas fichas e aceptar as normas establecidas para o axeitado funcionamento dos talleres.
O teléfono de contacto é o 650057011, pero tamén se poden cubri-las solicitudes no propio Museo (edificio da Praza Maior, acceso pola rúa Bispo Carrascosa, no horario habitual ) ou na sala San Francisco onde se presenta a “Escolma de Escultura”, co mesmo horario.

Volver atras
Imprimir Página