Prestixiosos catadores decidirán este mércores cales son os mellores viños de O Ribeiro da colleita do 2008. Este mércores terá lugar a proba final da Cata Oficial da XLVI Feira do Viño do Ribeiro. Presentáronse 60 viños, e as mostras seleccinadas foinas recollendo unha comisión do Consello Regulador a semana pasada. Para concursar en adegas industriais compre unha producción mínima de 2.000 botellas de branco e 1.000 de tinto, o xusto a metade para competir no apartado de adegas de colleiteiro.
 
 
Este mércores coñecerase cales son os mellores brancos e tintos do Ribeiro da colleita 2008  
17 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A sede do Consello de O Ribeiro foi este martes escenario da precata para elixir os mellores viños da Denominación de Orixe Ribeiro da colleita 2008. Neste concurso participarán as marcas correspondentes á última anada das adegas inscritas nos rexistros da Denominación de Orixe Ribeiro, e presentes con stand, propio ou compartido, na Feira. Presentáronse un total de 60 viños, e as mostras presentadas foron recollidas por unha comisión do Consello Regulador na pasada semana. Fóronse recollendo en cada unha das adegas interesadas cuns volumes mínimos de 2.000 botellas de tres cuartos de litro no caso de brancos e de 1.000 nos viños tintos no apartado de adegas industriais, e da metade, 1.000 botellas de branco e 500 de tinto no caso das adegas de colleiteiro.

Da cata deste mércores sairán seleccionados 6 viños en cada unha das tres categorías existentes, viños brancos de colleiteiro, viños brancos de adegas e viños tintos. A cata será cega ao 100% é dicir, os catadores non coñecerán as marcas dos viños. Destas marcas seleccionaranse os gañadores (1º, 2º e 3º premios) mañá, na cata final que terá lugar na sé do Consello Regulador.

Volver atras
Imprimir Página