Andrés García Mata

 
  O Concello de Ourense vai acometer unha reforma integral do lavadoiro e parque público de Seixalbo “de cara a recuperar unha zona de encontro veciñal hoxe en estado de abandono e altamente degradada”, sinala o departamento de Infraestructuras de Andrés García Mata. As obras englóbanse dentro dun marco de actuacións para recuperar o núcleo rural de Seixalbo, no que xa se están a desenvolver accións para a reforma e mellora de catro rúas, Escura, Requeixada, Canella e Tulla. Paralelamente e a través do PERI, estase a fomentar a reforma privada de inmobles, acadando un alto grado de rehabilitación, segundo informa a Tenencia de alcaldía deste Concello.
 
 
Recupérase un lavadoiro e un parque de Seixalbo nun intento de potenciar o encontro veciñal
17 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O tenente alcalde, Andrés García Mata, presentou este martes nas oficinas do PERI de Seixalbo as obras de recuperación do parque e lavadoiro que se acometerán desde o área de Rehabilitación do Concello. Trátase dun acción valorada en 110.000 euros que acometerá a reforma do lavadoiro e a súa integración co parque anexo, empregando materiais nobres e tradicionais en contraposición ás uralitas e o cemento cos que hoxe conta.

“As obras contemplan solucionar os problemas de accesibilidade ao lavadoiro cunha rampa así como a súa conexión co parque”, sinalou o concelleiro de Infrestructuras e tenente de alcalde do Concello de Ourense. Renóvase a cuberta a súa cunha superficie que gañe superficie para a zona verde en máis de 50 metros cadrados, reorganízase o espazo, recupérase a fonte existente e ubícase unha nova na zona do parque, que tamén verá renovado o seu mobiliario urbán.  O proxecto foi deseñado polos propios arquitectos do PERI, quen acompañaron a Mata na presentación do proxecto.
O tenente de alcalde indicou que “malia que se trate dunha acción relativamente pequena” vai supor un gran xiro na utilización do espazo público en Seixalbo”.

Ademais catro rúas de Seixalbo, Canella, Tulla, Escura e Requeixada, estan sendo obxecto dunha reforma e mellora do firme desenvolta a través da Concellería de Infraestruturas. As obras, que foron visitadas taméne este martes desenvolvense con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. Teñen un orzamento de máis de 175.000 euros e están a xerar 24 postos de traballo. A piques de ser rematadas, supuxeron a renovación do firme, cun empedrados granítico de alta calidade, así como a reforma das redes de abastecemento subterráneas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página