Este martes inaugúrase e entra en servizo o novo Centro de Recepción de Visitantes, que se ubica nas antigas oficinas do Festival de Cine, nos Xardíns do Padre Feijoo. As novas dependencias virán sustituir a antiga Oficina de Turismo das Burgas cun cambio non só de localización senón de concepto: o dun centro que se constitúe como “Porta da Cidade”, un lugar no que recibir ao turista e aportar servizo complementarios que implementen a súa estancia na cidade.
 
 
Entra en servizo este martes o novo Centro de Recepción de Visitantes de Ourense  
13 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Turismo, Ana Garza, inaugurarán as oito desta tarde o novo Centro de Recepción de Visitantes de Ourense que se ubica nos Xardíns do Padre Feijóo, onde ata fai pouco se ubicou a oficina do Festival de Cine Independente de Ourense.
Xa no acto de presentación das novas instalacións que tivo lugar o venres pasado, a concelleira de Turismo destacou que, como principais novidades está a ubicación dunha zona de acceos libre á Internet á disposición dos usuarios, a incorporación de documentación audiovisual que se pode visualizar nunhas pantallas, e a dun espazo de venta de material promocional da cidade.

A resposable de Turismo fixo fincapé, así mesmo, na excelente situación da nova oficina “que de seguro atraerá moitísimas máis visitas”, ubicada na porta do Casco Histórico e os Viños e comunicando cunha das arterias máis salientábeis da cidade, a rúa do Paseo, símbolo do Ourense comercial. 
Así mesmo, destacou a construción dun espazo amplo e luminoso cun deseño limpo, fresco e de vangarda “en sintonía coa imaxe que queremos transmitir da cidade. Todo o que importe aquí é vender Ourense como a cidade idónea para o turista que xa é”.

“Entre esta oficina na que hxoe nos atopamos e na que ata o de agora os técnicos municipais de turismo viñan desenvolvendo o seu labor a diferencia é como a da noite e o día”, sinalou o tenente de alcalde, Andrés Garcia Mata. Precisamente estes novos locais absorven os de ata agor, ubicados na zona de As Burgas.
Mata quixo destacar a labor a Concellería de Comercio e Turismo  “na que observa, ante todo, entusiasmo”, dixo, e lembrou a urxente necesidade que a cidade tiña deste cambio, orientado a dar saída a todas as posibilidades turísticas de Ourense.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Ana Garza