O Concello de Ourense inviste 110.198,65 euros na remodelación e mellora do parque infantil e da praza Ferro Couselo, en Vista Fermosa. A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación das obras á empresa CONSGOFER S.L. O parque urbán terá zonas axardinadas, zonas de descanso e zonas de xogos das que poidan disfrutar todo tipo de persoas. Son obras con cargo ó FEIL, o Fondo Estatal de Investimentos Locais
 
 
O Concello de Ourense acomete a remodelación e mellora do Parque Infantil de Vista Fermosa
12 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a adxudicación dunha nova obra con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local, FEIL. Trátase das obras de remodelación e mellora do parque infantil e da Praza Ferro Couselo, no barrio de Vista Fermosa. O proxecto foi provisionalmente adxudicado á empresa CONSGOFER, S.L., por importe de 110.198,65 Euros, con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.
O obxecto do proxecto adxudicado é a creación dun parque urbán con zonas axardinadas, zonas de descanso e zonas de xogos que cumplan funcións en canto a diseño e das que poidan disfrutar todo tipo de persoas.

Actualmente, sinala o Concello de Ourense, o parque infantil conta con dúas zonas diferenciadas, unha extensión con céspede e outra con area. A praza, pola súa banda, consta dunha zona central de area, onde se sitúan os xogos. Coa execución deste proxecto, preténdese a creación de espacios adecuados para o ocio de todos os colectivos, non só nenos, e a creación de zonas de aparcadoiro.
Para acadar este obxectivo, reorganizaranse e melloraranse os espacios actuais: no parque infantil ampliarase a zona de xogos, na que poderán practicar actividades de ocio usuarios menores de idade. As especies vexetais escollidas proporcionarán sombra a esta zona.. A superficie restante, destinarase a zona de descanso.

Pola súa banda, na praza Ferro Couselo sustituirase a zona de xogos por un espacio para uso da xente maior e reorganizaranse ademais zonas verdes para poder crear prazas de aparcadoiro. En total, procederase á instalación de 9 bancos, 11 cadeiras, 5 papeleiras, dúas fontes e luminarias de vapor de socio de alta presión, para acadar maior eficiencia no aforro enerxético.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página